Servizo de atención telefónica

A Seguridade Social pon á súa disposición as súas liñas telefónicas a través das cales poderá recibir información e realizar diferentes trámites sen necesidade de desprazamentos e co compromiso de: Non deixalo sen resposta, facilitar a información e datos solicitados en prazos mínimos e confidencialidade.

Liña 901 166 565 de Pensións e outras prestacións (INSS)

Liña 901 106 570 cita previa automatizada para pensións e outras prestacións (INSS)

Liña 901 502 050 de Afiliación, Inscrición, Recadación, Aprazamentos, RED, SLD, Servizos Telemáticos e Información Xeral (TGSS)

Liñas das oficinas e outros centros da Seguridade Social

Para manter a confidencialidade dos seus datos todos os informes ou documentos relativos a eles se enviarán unicamente ao seu nome e ao domicilio que conste nos nosos ficheiros.

De non coincidir os datos achegados polo cidadán cos existentes nas nosas bases de datos, enviarémoslle un impreso (a franquear en destino) no que de forma sinxela poderá actualizar os datos para que unha vez seguros da súa identidade poidamos remitirlle o solicitado

Para facilitar a comunicación ao realizar a chamada, teña á man a documentación necesaria para a súa consulta: DNI (Documento Nacional de Identidade), NAF (Número de afiliación), CCC (Código de Conta de Cotización) etc.

Liña 901 166 565 de pensións e outras prestacións (INSS) 

  • É un teléfono común a todo o territorio nacional, no que se ofrece atención directa e personalizada, de luns a venres (non festivos), en horario ininterrompido de 9 a 20 horas.
  • Este servizo especializado de atención e información proporciona:
    • Información sobre requisitos, solicitudes, documentación, procedemento e trámites necesarios para acceder ou manter as prestacións do sistema da Seguridade Social, así como á normativa de aplicación nos diferentes supostos.
    • Orientación e axuda na utilización dos servizos electrónicos dispoñibles na Sede Electrónica e páxina web da Seguridade Social.
    • Información específica e particularizada sobre trámite de expedientes e sobre as prestacións recoñecidas: resolución recaída, primeiros pagamentos, revalorización, complementos por mínimos, incompatibilidades e concorrencia de pensións, variacións e modificacións e importes.
    • A través deste servizo pódese solicitar a Tarxeta Sanitaria Europea que se enviará, por correo postal, ao domicilio que conste nos ficheiros da Seguridade Social.
    • Ademais, facilítase información sobre calquera tema de Seguridade Social relacionado coa xestión encomendada ao INSS.
    • Por motivos de calidade e seguridade, a chamada poderá ser gravada. A Unidade ante a que poden exercitarse os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición é a Secretaría Xeral do Instituto Nacional da Seguridade Social, Padre Damián, 4-6, 28036 Madrid.

Liña 901 106 570 cita previa automatizada para pensións e outras prestacións (INSS)


  • É un teléfono de xestión automática de cita previa para trámites relacionados coas pensións e outras prestacións económicas da Seguridade Social.
  • Con este servizo de horario ininterrompido de 00:00 a 24:00 horas, de luns a domingo, poderá obter cita nos CAISS (centros de atención e información da Seguridade Social).
  • Para conseguir cita hai que responder de forma verbal ou premer as teclas do teléfono seguindo as instrucións que lle indiquen en cada paso do diálogo.
  • O sistema automático preguntará o trámite para o que desexa concertar cita, o código postal para localizar a oficina máis próxima e o número de DNI ou NIE.
  • A continuación o sistema ofreceralle a primeira cita dispoñible e se está de acordo requiriralle a confirmación. Se non está de acordo, poderá cambiala por outra posterior.
  • Unha vez obtida a cita, o sistema proporcionaralle un localizador.
  • Pódese eliminar unha cita co seu DNI/NIE e o localizador no servizo de cita previa.
  • Recomendacións para a utilización deste servizo: un ambiente de ruído dificulta o entendemento co sistema.

Liña 901 502 050 de Afiliación, Inscrición, Recadación, Aprazamentos, RED, SLD, Servizos Telemáticos e Información Xeral (TGSS)

Este teléfono estará dispoñible de Luns a Venres entre as 9:00 e as 14:30 h. 

Proporcionarase información sobre os seguintes temas:

Opción 1

Sistema RED ou Sistema de Liquidación Directa.

1.1

Incidencias Técnicas do Sistema RED ou Sistema de Liquidación Directa. 

Para incidencias técnicas e informáticas relacionadas co Sistema RED (Certificados dixitais, Instalación de soporte lóxico, Comunicacións, etc.).

1.2

Incidencias con partes médicos de IT no Sistema RED ou Sistema de Liquidación Directa.                                              

Para incidencias con partes médicos de Incapacidade Temporal.

1.3

Información xeral e incidencias na xestión do Sistema RED ou Sistema de Liquidación Directa.

Para calquera outro tipo de información, consulta ou incidencia na xestión do Sistema RED (Envío de ficheiros, Utilización dos servizos, etc.).

Opción 2

Servizos Telemáticos da Tesouraría Xeral Seguridade Social na SEDE ELECTRÓNICA da Seguridade Social.

2.1

Incidencias técnicas dos Servizos Telemáticos da TGSS

Para incidencias técnicas e informáticas relacionadas cos servizos telemáticos da TGSS.

2.2

Información xeral dos Servizos Telemáticos da TGSS

Para calquera outra consulta relacionada cos servizos telemáticos da TGSS.

Opción 3

Información Xeral

Para consultas de Información xeral sobre: Afiliación, altas, baixas e variacións de datos de traballadores. Inscrición de empresas e asignación de códigos de conta de cotización. Convenios especiais. Cotización e recadación de cotas. Aprazamentos e fraccionamentos de pagamento. Bonificacións.  Calquera outra información relacionada coa xestión da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.


Configuración de equipos telefónicos


En la siguiente tabla podrá descargarse los siguientes Documentos.
Documentos Descarga Fecha
Configuración de Equipos Telefónicos Descargar documento Configuración de Equipos Telefónicos. O documento abrirase nunha ventá nova.(PDF,17 KB) 10/10/2016
Complementary Content
${loading}