Contenido principal

Réxime especial dos traballadores por conta propia ou autónomos (RETA)

A base mensual de cotización poderá ser elixida (con determinadas limitacións) polo propio traballador dentro dunha escala fixada pola Lei de Orzamentos Xerais do Estado, entre unha base mínima e unha base máxima que coincide co tope máximo da base de cotización do Réxime Xeral. Esta base pode modificarse a vontade do traballador, elixindo outra, dentro dos límites mínimo e máximo aplicables en cada exercicio, sempre que así o soliciten da Tesourería Xeral da Seguridade Social. Non obstante o autónomo con 50 ou máis años de idade terá un tope máximo de cotización minorado co fin de evitar unha elevación drástica da base de cotización nos anos que conforman a base reguladora a efectos da prestación de xubilación.

O tipo de cotización xeral aplicable á base de cotización elixida polo traballador fixarase anualmente. Non obstante, cando o interesado non se acollese á protección por incapacidade temporal (continxencia obrigatoria agás nos casos en que este traballador estea de alta noutro Réxime da Seguridade Social que teña esta cobertura), o tipo de cotización variará. As continxencias por accidentes de traballo e enfermidade profesional contémplanse como unha mellora voluntaria á que unicamente poderán optar aqueles traballadores do RETA que optase pola prestación económica por incapacidade temporal, sendo de aplicación á base de cotización elixida, a tarifa de primas establecidas para este Réxime. Os traballadores que non optasen pola cobertura das continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, efectuarán unha cotización adicional sobre a base de cotización elixida, para o financiamento das prestacións por risco durante o embarazo e risco durante a lactación natural no caso de traballadores incluídos no Sistema Especial de Traballadores por Conta Propia Agrarios.

Co fin de beneficiar a algúns colectivos á hora de emprender unha actividade laboral, ben pola súa xuventude (ata 30 anos/en mulleres 35) ou por reincorporación tras a maternidade, discapacidade, así como con carácter xeral, en actividades económicas e zonas xeográficas concretas ou por cumprir 65 anos de idade e seguir na actividade laboral, establécense beneficios na cotización (bonificacións, reducións e exoneracións de cotas). 

Neste Réxime Especial a liquidación das cotas debe efectuarse por períodos mensuais completos que coinciden cos meses naturais, e o seu importe se ingresa dentro do mesmo mes a que aquelas correspondan.

Dende o 6 de novembro de 2010, este Réxime Especial goza da prestación por “cesamento de actividade” para aqueles que teñan cuberta as continxencias profesionais e cesen na actividade que viñan desenvolvendo. A prestación é económica e a súa duración está en función dos períodos de cotización efectuados.

Contenido complementario
${loading}