Contenido principal

Base de cotización por continxencias comúns

Fixados os conceptos computables a efectos de cotización, con exclusión das horas extraordinarias (que si se computarán para a base de cotización por Continxencias Profesionais, Desemprego, Fondo de Garantía salarial e Formación Profesional), haberán de terse en conta as seguintes normas regulamentarias:

  • a) Computarase a remuneración devindicada no mes a que se refira a cotización.
  • b) Á remuneración computada conforme á norma anterior, engadirase a parte proporcional das gratificacións extraordinarias establecidas e de aqueles outros conceptos retributivos que teñan unha periodicidade na súa devindicación superior á mensual ou que non teñan carácter periódico e se satisfagan dentro do exercicio económico do ano en curso. A tal efecto, o importe anual estimado destas gratificacións extraordinarias e demais conceptos retributivos dividarase por 365, e o cociente que resulte multiplicarase polo número de días que comprenda o período de cotización de cada mes. No caso de que a remuneración que corresponda ao traballador teña carácter mensual, o indicado importe anual dividirase por 12.
  • c) Se a base de cotización que resulte de acordo coas normas anteriores non estivese comprendida entre a contía da base mínima e da máxima correspondente ao grupo de cotización da categoría profesional do traballador, cotizarase pola base mínima ou máxima, segundo que a resultante sexa inferior a aquela ou superior a esta. A indicada base mínima será de aplicación calquera que fose o número de horas traballadas diariamente, agás naqueles supostos en que por disposición legal se establece o contrario (ex. contratos a tempo parcial).

Bases máximas e mínimas.

Conforme ao establecido na Lei de Orzamentos Xerais do Estado, en canto ás bases máximas e á Lei Xeral da Seguridade Social, respecto á base mínima (salario mínimo interprofesional vixente, incrementado nun sexto), as bases de cotización estarán limitadas para cada grupo de categorías profesionais ás contías que figuran na Orde Ministerial que se publica cada ano.

 

GRUPO CATEGORÍA PROFESIONAL
1 Enxeñeiros e licenciados
2 Enx. Técnicos, Peritos e Ax. Titulados
3 Xefes administrativos e de taller
4 Axudantes non titulados
5 Oficiais administrativos
6 Subalternos
7 Auxiliares administrativos
8 Oficiais de 1ª e 2ª
9 Oficiais de 3ª e especialistas
10 Maiores de 18 anos non cualificados
11 Traballadores menores de 18 anos

Tipo de cotización.

O tipo de cotización é a porcentaxe que se aplica á base de cotización, sendo o resultado a cota ou importe a pagar. Os tipos de cotización serán os que estableza a correspondente Lei de Orzamentos Xerais do Estado para cada exercicio económico.

Contenido complementario
${loading}