Complementos a mínimos

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

Viuvez con cargas familiares

  • Entenderase por cargas familiares a convivencia do beneficiario con fillos menores de 26 anos ou maiores con discapacidade, ou menores de 18 anos acollidos, cando a renda do conxunto da unidade familiar así constituída, dividida polo número de membros que a compoñen, non supere en cómputo anual o 75% do SMI , excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.

    Para estes efectos, considéranse fillos maiores con discapacidade que acrediten un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.
  • Considéranse como rendementos computables calquera ben e dereito, derivado tanto do traballo coma do capital, así como os de natureza prestacional. Os rendementos indicados tomaranse no valor percibido no exercicio anterior a aquel en que deban aplicarse os complementos, debendo excluírse os deixados de percibir como consecuencia do feito causante das prestacións, así como aqueles que se probe que non han de ser percibidos no exercicio en que deban aplicarse os referidos complementos a mínimos.

Residencia en territorio español

  1. A residencia en territorio español acreditarase de conformidade co previsto no Real Decreto 523/2006, do 28 de abril, polo que se suprime a esixencia de achegar o certificado de empadroamento, como documento probatorio do domicilio e residencia, nos procedementos administrativos da Administración Xeral do Estado e dos seus organismos públicos vinculados ou dependentes.

    Non obstante, a achega do certificado de empadroamento será necesaria cando o interesado non preste o seu consentimento para que os seus datos poidan ser consultados a través do Sistema de Verificación de Datos de Residencia, segundo o establecido no artigo único, apartado 3, parágrafo terceiro, do referido Real Decreto 523/2006, do 28 de abril.
  2. Entenderase que o beneficiario da pensión ten a súa residencia habitual en territorio español sempre que as súas estancias no estranxeiro sexan iguais ou inferiores a 90 días ao longo de cada ano natural, ou estean motivadas por causas de enfermidade do beneficiario, debidamente xustificadas mediante o correspondente certificado médico.
  3. O dereito ao complemento por mínimos perderase se o beneficiario establece a súa residencia fóra do territorio español ou ten estancias fóra do territorio español superiores a 90 días ao longo de cada ano natural, agás que o interesado poida acreditar por outros medios que a súa residencia habitual se encontra en España.

    Para estes efectos, poderá terse en conta a situación familiar, a existencia de motivos profesionais que o obriguen a desprazarse con tanta frecuencia, o feito de dispoñer en España dun emprego estable ou a súa intención de telo.
  4. En caso de incumprimento do requisito de residencia, a perda do dereito ao complemento por mínimos terá efectos a partir do día 1 do mes seguinte a aquel en que se produza a devandita circunstancia.
  5. Os complementos por mínimos das pensións non teñen carácter consolidable e extinguiranse polo incumprimento dos requisitos de ingresos ou de residencia, esixidos para a súa obtención.

    No suposto de que, con posterioridade á extinción, volvese darse algunha das circunstancias determinantes para o seu recoñecemento, os complementos por mínimos non se rehabilitarán por iniciativa da entidade xestora, senón previa solicitude e acreditación dos correspondentes requisitos por parte do interesado.
  6. O requisito de residencia en territorio español para ter dereito ao complemento para alcanzar a contía mínima das pensións, esixirase para aquelas pensións cuxo feito causante se produza a partir do 1 de xaneiro de 2013, con independencia da lexislación aplicable no recoñecemento da pensión.
Complementary Content
${loading}