Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Xestión / Control

Xestión, administración e control

A xestión, administración e control das pensións contributivas efectúase, con carácter xeral, polo Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e polo Instituto Social da Mariña (ISM), cando se trate de beneficiarios incluídos no campo de aplicación do Réxime Especial dos Traballadores do Mar.

Estas entidades teñen facultades para recoñecer o dereito a unha pensión e garantir que se cumpran as condicións necesarias para o mantemento da pensión recoñecida.

Rexistro de prestacións sociais públicas

É un instrumento básico na xestión da protección social, xa que o tratamento automatizado dos datos correspondentes permite, dunha parte, unha xestión máis áxil e eficaz en beneficio dos perceptores e solicitantes das prestacións sociais, ao tempo que posibilita un control permanente respecto ao mantemento do dereito ás prestacións e facilita as medidas de loita contra a utilización indebida da protección e a fraude.

Constitución:

Constitúese no Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), entidade responsable dos ficheiros.

Obxecto: 

Ten por obxecto a inscrición das prestacións sociais de contido económico, destinadas a persoas e familias, con cargo a recursos de carácter público.

Obriga de subministrar datos:

Os organismos, entidades e empresas que están obrigados a subministrar datos ao Rexistro son os incluídos no Catálogo publicado no BOE mediante a correspondente resolución do INSS.

Xestión:

A súa xestión e funcionamento corresponde ao INSS.

Exercicio de dereitos polo afectado:

Os dereitos de acceso aos ficheiros do Rexistro, así como os de rectificación e cancelación de datos, son persoais e soamente poderán ser exercidos polo afectado ou o seu representante legal, coas limitacións que prevé a Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE 14/12).

Denegación do acceso, rectificación e cancelación:

Denegaranse os dereitos de acceso, rectificación e cancelación cando se dea algún dos supostos regulados nos artigos 15.3, 23.1 e 2, e 24.2 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro. 13 de decembro.

Complementary Content
${loading}