Retencións IRPF

As pensións, cuxa contía supere o importe anual legalmente establecido, están suxeitas a tributación nos termos establecidos nas normas reguladoras do Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) e sometidas, no seu caso, ao sistema xeral de retencións a conta do imposto, coas excepcións seguintes:

Pensións por incapacidade permanente

  • Están exentas sempre:
    • As pensións derivadas de actos de terrorismo.
    • As pensións por incapacidade permanente absoluta e as de grande invalidez, ademais das de xubilación derivadas delas, por cambio de denominación ao facer o beneficiario os 65 anos.
  • As pensións por incapacidade permanente total cualificada (75%) e as de xubilación derivadas delas por cambio de denominación ao facer o beneficiario 65 anos estarán exentas en Biscaia, Álava e Guipúscoa.

Pensión de orfandade

  • A partir do 1-1-03 a pensión está exenta sempre.

Pensión en favor de familiares

  • Aínda que a pensión está suxeita a tributación, estará exenta.
    • Se deriva de actos de terrorismo.
    • Se foi recoñecida como consecuencia dunha incapacidade permanente nos graos de absoluta ou grande invalidez. 
  • Tamén están exentas as prestacións en favor de familiares menores de 22 anos.

Pensión de viuvez

A pensión estará exenta se deriva de actos de terrorismo.

Complementary Content
${loading}