Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Servizos Sociais

Os servizos sociais son prestacións que están incluídas dentro da acción protectora do sistema da Seguridade Social, cuxa finalidade é complementar as prestacións económicas e, á vez, procurar unha mellora das condicións de vida dos beneficiarios reducindo, no posible, as limitacións persoais motivadas por razóns de idade ou discapacidade.

Esta acción protectora amplíase e compleméntase cun sistema público de prestacións e servizos para a atención ás persoas en situación de dependencia (aquelas que por razóns de idade, enfermidade ou discapacidade precisan da atención doutras persoas ou axudas para realizar as actividades básicas da vida diaria), que se prestan a través da rede de servizos sociais das Comunidades Autónomas. 

A xestión dos servizos sociais está atribuída aos órganos competentes de cada Comunidade Autónoma e ás Direccións Provinciais do Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO) nas cidades de Ceuta e Melilla.

Complementary Content
${loading}