Servizos Sociais

Os servizos sociais son prestacións que están incluídas dentro da acción protectora do sistema da Seguridade Social, cuxa finalidade é complementar as prestacións económicas e, á vez, procurar unha mellora das condicións de vida dos beneficiarios reducindo, no posible, as limitacións persoais motivadas por razóns de idade ou discapacidade.

Esta acción protectora amplíase e compleméntase cun sistema público de prestacións e servizos para a atención ás persoas en situación de dependencia (aquelas que por razóns de idade, enfermidade ou discapacidade precisan da atención doutras persoas ou axudas para realizar as actividades básicas da vida diaria), que se prestan a través da rede de servizos sociais das Comunidades Autónomas. 

Complementary Content
${loading}