Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Requisitos técnicos

Soporte físico

Ordenador: O Sistema RED  require a utilización dun ordenador persoal. Debe ter as seguintes características mínimas:

  • Procesador Intel Core Duo ou similar.
  • 4 Gb de memoria RAM.
  • Aproximadamente 100 Mb  dispoñibles de disco duro.
  • Pantalla VGA ou superior.
  • Teclado estándar 101/102.

Conexión a Internet: No caso de usar proxy con autenticación, requírese que esta sexa de "Autenticación Básica"

Soporte lóxico

Sistema Operativo Windows de 32 Bits / 64 Bits

  • Windows 7 ou superior. A TGSS non garante un correcto funcionamento con outras versións anteriores de Windows.

Navegador de Internet: Programa que permite transitar pola rede. Fornece unha interface gráfica interactiva para buscar, localizar, ver e administrar a información a través do web. O navegador é indispensable á hora de conectarse, pois funcionan como ventás que amosan a información contida nas páxinas dun servidor Web.

Os navegadores soportados actualmente son:

  • Internet Explorer 8 ou superior. (Software proporcionado por Microsoft de forma gratuíta).
  • Mozilla Firefox. (Software proporcionado pola Fundación Mozilla de forma gratuíta). 
  • Google Crhome
  • Edge

Adobe Acrobat Reader 8.5  ou superior.

Máquina virtual Java (JRE 1.8 ou superior). A máquina virtual de Java (en inglés Java Virtual Machine, JVM) é un programa nativo, é dicir, executable nunha plataforma específica, capaz de interpretar e executar instrucións expresadas nun código binario especial (o  Java bytecode), o cal é xerado polo compilador da linguaxe Java.

As versións de soporte lóxico soportadas son:

  • JAVA Oracle  1.6 ou superior (última versión probada 1.8.91, (do 19 de abril de 2016), algunhas combinacións de versións anteriores poden experimentar problemas de lentitude ou non funcionamento, polo que en caso de problemas se recomenda actualizar á versión 1.8.91. 

Programas proporcionados pola TGSS

WinSuite32: Aplicación ofrecida de forma gratuíta pola TGSS para facilitar a utilización do Sistema RED para plataformas PC   e para contornos Windows. As súas funcións básicas son as de permitir a tramitación de mensaxes coa TXSS tanto de afiliación e INSS  coma de cotización, ademais de validar e procesar os datos xerados polo programa de nóminas e envío/recepción das mensaxes a través do módulo de comunicacións.

A WinSuite32 desenvolveuse para operar sobre plataforma PC. Por iso, se se garda a información laboral nun "host", "mini" ou ordenador central de similares características, o máis recomendable é levar a información a un PC no que estea instalada a WinSuite32.

No caso de que non se desexe operar sobre plataforma PC, terase que desenvolver un conxunto de programas coas funcionalidades da WinSuite32 á medida da súa plataforma tecnolóxica. Para iso dispón de manuais que poderá solicitar na Unidade de Atención ao Usuario.

Complementary Content
${loading}