Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Seguro Obrigatorio de Vellez e Invalidez

Procedemento

Procedemento de solicitude do Seguro Obrigatorio de Vellez e Invalidez.

Información Xeral


Obxecto:

Recoñecer pensións vitalicias e de contía fixa de vellez, invalidez ou viuvez polas cotizacións realizadas ao extinguido Seguro de Vellez e Invalidez (SOVI) ou ter estado afiliado ao Retiro Obreiro.

Beneficiarios:

As persoas que reúnan os requisitos establecidos  para cada clase de pensión.

Requisitos:

Ademais de non ter dereito a pensión do actual sistema da Seguridade Social, agás as pensións de viuvez das que poidan ser beneficiarios, deberanse cumprir uns requisitos específicos segundo a pensión de que se trate:

  • Vellez: Ter feito os 65 anos ou 60 se se trata de vellez por incapacidade e ter cotizados 1800 días antes do 1-1-1967 ou afiliación ao Retiro Obreiro.

  • Invalidez: 1.800 días cotizados ao SOVI , ter 50 anos feitos e estar incapacitado de forma permanente para o traballo.

  • Viuvez: Os requisitos esixidos dependen da data de falecemento do causante e de se era ou non pensionista.
Contía:

A contía varía segundo exista ou non concorrencia con outras pensións:

  • Se non existe concorrencia: 462,20 euros mensuais.
  • Se existe concorrencia:  448,60 euros mensuais.

Cando concorran a pensión de viuvez e a do SOVI, a súa suma non poderá ser superior ao dobre do importe da pensión mínima de viuvez para beneficiarios maiores de 65 anos establecido en cada momento. Se se supera o devandito límite, procederase á minoración da contía da pensión do SOVI no importe necesario para non exceder do límite indicado.

Efectos económicos:

Vellez: Percibirase a partir do día seguinte a facer os 65 anos, se se presenta a solicitude nos 30 días seguintes.  Se  se presenta despois, percibirase a partir do día primeiro do mes seguinte á súa presentación.

Invalidez: Percíbese a partir do día primeiro do mes seguinte á solicitude.

Viuvez:

  • Se o causante non era pensionista e a solicitude se presenta dentro do ano seguinte ao falecemento, aboarase dende o día primeiro do mes seguinte ao de falecemento. Se se presenta fóra do ano seguinte ao falecemento, aboarase cuns efectos retroactivos dun ano á data de solicitude.
  • Se o causante era pensionista e a solicitude se presenta dentro dos 3 meses seguintes ao falecemento, aboarase dende o día primeiro do mes seguinte ao de falecemento. Se se presenta fóra dos 3 meses seguintes ao falecemento, os efectos retroactivos son de 3 meses á data da solicitude.
Pagamentos:

A pensión abóase mensualmente con dúas pagas extraordinarias que se devindican coa mensualidade de xuño e de novembro.

Incompatibilidades:

As pensións do SOVI son incompatibles entre si e poden selo con outras pensións, agás a pensión de viuvez a que o beneficiario puidese ter dereito e co traballo. Mais os beneficiarios poden exercitar o dereito de opción pola pensión máis favorable.

Prazos:

O recoñecemento das pensións do SOVI  deberá resolverse e notificarse ao interesado nos seguintes prazos:

  • Vellez e viuvez: 90 días.
  • Invalidez: 135 días.
Extinción:

As pensións do SOVI extínguense polo falecemento do pensionista e, no caso da pensión de viuvez e en determinadas situacións, por matrimonio ou por constituír unha parella de feito.

Impresos:

Solicitude da pensión de xubilación, invalidez, viuvez.

Documentación:

A documentación que debe presentar para o trámite da pensión está detallada no modelo de solicitude de xubilación, de invalidez ou de viuvez.

Onde se tramita:

Nos centros de atención e información da Seguridade Social dependentes do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) ou nas direccións provinciais ou locais do Instituto Social da Mariña (ISM), se é o caso.

Entidade competente:

A xestión e o recoñecemento do dereito ás pensións do extinguido SOVI corresponde ao INSS ou ISM, se é o caso.


Complementary Content
${loading}