Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Prestación económica por parto ou adopción múltiples

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

Información Xeral


Obxecto:

É unha prestación económica de pagamento único que ten por obxecto compensar, en parte, o aumento de gastos que produce nas familias o nacemento ou adopción simultánea de dous ou máis fillos.

Causantes:

Os fillos nacidos ou adoptados por parto ou adopción múltiples, sempre que o número de fillos nacidos ou adoptados sexa igual ou superior a dous (se algún estivese afectado por discapacidade igual ou superior ao 33%, computará o dobre) e o nacemento ou formalización da adopción se producise en España.

Máis información sobre causantes

Beneficiarios:

Os proxenitores ou adoptantes que reúnan os requisitos esixidos.

Se existe convivencia dos proxenitores ou adoptantes, será beneficiario calquera deles de común acordo; se hai falta de acordo, será a nai. Se non existe convivencia, será beneficiario o que teña ao seu cargo a garda e custodia dos fillos.

Cando os nenos queden orfos de ambos proxenitores ou adoptantes ou estean abandonados, será beneficiaria a persoa que legalmente se faga cargo deles.

Requisitos:
  • Residir legalmente en territorio español.
  • Non ter dereito, nin o pai nin a nai, a prestacións desta mesma natureza en calquera outro réxime público de protección social.

Máis información sobre beneficiarios

Contías / Pagamentos / Efectos:

Dependendo de que o número de fillos nacidos ou adoptados sexa 2, 3, 4 e máis, a contía da prestación económica será o resultado de multiplicar por 4, 8 ou 12 o importe mensual do SMI .

O aboamento efectúase nun pagamento único.

Duración:

Dunha soa vez.

Prazos:

O prazo máximo para ditar resolución e notificala ao interesado é de 45 días

Denegación / Extinción:

O dereito ao recoñecemento da prestación prescribe aos 5 anos, contados desde o día seguinte ao nacemento ou adopción múltiples.

Impreso:

Formulario de solicitude.

Documentación:

Achegaranse os documentos necesarios para a acreditación da identidade e das circunstancias determinantes do dereito.

En ningún caso será esixible ao solicitante a acreditación de feitos, datos ou circunstancias que a Administración da Seguridade Social deba coñecer en por si.

Máis información sobre documentación

Onde tramitalo:

A solicitude e documentación esixida poderá presentarse a través da sede electrónica da Seguridade Social (https://sede.seg-social.gob.es), por correo ordinario ou nun Centro de Atención e Información da Seguridade Social (CAISS).

Entidade competente:

A xestión e o recoñecemento do dereito á asignación económica é competencia do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS).

Outros datos de interese:

Preguntas máis frecuentes.

     
Complementary Content
${loading}