Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Alta, baixa e variación de datos no Réxime Xeral da Seguridade Social

Procedemento

Procedemento de alta, baixa e variación de datos no Réxime Xeral da Seguridade Social

Información Xeral


Obxecto:

A alta, a baixa e as variacións de datos son comunicacións obrigatorias que deben facerse á Seguridade Social para informar sobre o comezo da actividade laboral dun traballador, sobre o cesamento nesta ou sobre as modificacións de datos identificativos e laborais dos traballadores afiliados á Seguridade Social.

Suxeitos:

Está obrigado o empresario a solicitar a alta, a baixa e a comunicar as variacións de datos de todos os seus traballadores. Esta obriga pódea asumir, de mutuo acordo, o traballador que realice unha actividade laboral inferior a 60 horas ao mes por empregador.

Impresos:
Onde tramitalo:

         

Prazos:

Solicitude da Alta:

  • Previa ao inicio da relación laboral ata 60 días antes.

Solicitude da Baixa:

  • 3 días naturais dende o cesamento da actividade laboral.

Variación de datos:

  • 3 días naturais.
Efectos:

Alta:

  • As altas presentadas con carácter previo producen efectos a partir do día en que se inicie a actividade.
  • As altas presentadas fóra de prazo terán efectos dende o día en que se presente a solicitude, agás que o ingreso das cotas se tivese producido no prazo regulamentario, en cuxo caso a alta retrotraerá os seus efectos á data en que se ingresasen as primeiras cotas correspondentes ao traballador de que se trate.
  • As altas realizadas de oficio retrotraerán os seus efectos á data en que os feitos que as motiven fosen coñecidos.

Baixa:

  • A baixa do traballador producirá efectos dende o cesamento na prestación dos servizos.
  • A solicitude de baixa do traballador extinguirá a obriga de cotizar dende o cesamento no traballo. 
  • Se a baixa se solicita fóra de prazo, a obriga de cotizar extínguese o día en que a Tesouraría Xeral da Seguridade Social coñeza o cesamento no traballo.
  • Cando a Tesouraría Xeral da Seguridade Social curse a baixa de oficio, a obriga de cotizar extinguirase dende o mesmo día en que se levase a cabo a actuación inspectora, ou se recibisen os datos ou documentos que acrediten o cesamento no traballo.
Outros datos de interese:

Os empresarios están obrigados a comunicar a alta, a baixa ou a variación de datos dos traballadores que presten servizos na súa empresa. En caso de non facelo poderá facelo o traballador  directamente na Tesourería Xeral da Seguridade Social.
As altas, baixas ou variacións de datos poderán realizalas a Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social e Administración da provincia cando non o efectuasen nin a empresa nin o traballador.

Complementary Content
${loading}