Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Convenio Especial para a cotización adicional dos traballadores de Axencias de Aduanas afectados pola incorporación de España ao Mercado Único Europeo

Procedemento

Procedemento do convenio especial para a cotización adicional dos traballadores de Axencias de Aduanas afectados pola incorporación de España ao Mercado Único Europeo

Información Xeral

Obxecto:

Compensar a perda de nivel de cotización que puidesen sufrir os traballadores afectados pola reestruturación das empresas do sector de axencias de aduanas como consecuencia da incorporación de España ao Mercado Único Europeo.

Beneficiarios:

Os traballadores que se atopaban en alta ao servizo dunha axencia de aduanas o 01-01-1992 e causaron baixa entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 1993.

Impreso:

Modelo TA-0040

Documentación:

Orixinal e copia do documento identificativo do traballador.

Documentación que acredite que cumpre cos requisitos para a subscrición do convenio especial.

Onde tramitalo:

Ante a Dirección Provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou Administración correspondente ao domicilio do solicitante. Se dispón de certificado dixital pode acceder á Sede Electrónica e remitir telematicamente o modelo de solicitude e a documentación requirida a través do trámite Alta en Convenio Especial, situado na Sede Electrónica da Seguridade Social.

Prazos:

Antes do 31 de xaneiro de 2010.

En calquera momento.

Efectos:

Producirá efectos: Dende o 01-01-2008, se a solicitude de subscrición se presenta dentro dos tres meses naturais seguintes ao da entrada en vigor do Real Decreto (ata o 31-01-2010),

Dende o día primeiro do mes seguinte ao da presentación da solicitude, de efectuarse esta fóra do prazo sinalado anteriormente.

Requisitos:

Atoparse en alta ao servizo dunha axencia de aduanas o 01-01-1992 e ter unha baixa nesta no período abranguido entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 1993.

Atoparse en alta ou en situación asimilada á de alta nalgún réxime da Seguridade Social na data de presentación da solicitude do Convenio Especial e cotizar, se é o caso, por unha base inferior á que tivese correspondido, nesa mesma data e debidamente actualizada, de ter mantido os seus postos de traballo nas devanditas empresas.

Non ter adquirido a condición de pensionista de xubilación ou de incapacidade permanente, con anterioridade ao 01-01-2008, en calquera réxime do sistema da Seguridade Social ou noutro réxime público de protección social.

Suspensión/
Extinción:

Suspensión: Durante os períodos en que a cotización á Seguridade Social, por outra actividade, supere a que tivese correspondido aos seus postos de traballo nas axencias de aduanas, unha vez actualizadas.

Extinción: Por calquera das causas previstas nos parágrafos b) a e) do artigo 10.2 da Orde TAS/2865/2003, do 13 de outubro.

Complementary Content
${loading}