Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Procedemento de asignación económica por fillo ou menor acollido a cargo

A continuación preséntase o procedemento xeral.

Que é a asignación económica por fillo ou menor acollido a cargo?

É unha prestación familiar non contributiva que se recoñece por cada fillo a cargo do beneficiario, menor de 18 anos ou maior afectado dunha discapacidade en grao igual ou superior ao 65 %, calquera que sexa a súa afiliación, así como polos menores acollidos en acollemento familiar, permanente ou preadoptivo, sempre que se cumpran os requisitos esixidos. A partir do 1 de xuño de 2020 esta prestación só se poderá solicitar por fillos a cargo  acollidos menores de 18 anos, afectados dunha discapacidade de polo menos o 33 % ou maiores afectados dunha discapacidade do 65 %

Que trámites se deben de realizar?


Deberase presentar:

  • O modelo de solicitude adecuado a cada suposto.
  • A documentación necesaria para acreditar a identidade e as circunstancias determinantes do dereito.

Onde se tramita?


A solicitude e documentación necesaria en cada situación deberá presentarse en calquera dos Centros de Atención e Información da Seguridade Social.

O recoñecemento do dereito á asignación económica é competencia do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS).

Cando se inicia a prestación?


O nacemento do dereito producirase o día primeiro do trimestre natural seguinte ao de presentación da solicitude.

Este mesmo criterio aplícase no suposto de variacións familiares que supoñan un incremento na asignación.

Cando finaliza a prestación?


As variacións que produzan a extinción do dereito ou a diminución da asignación non producirán efectos ata o último día do trimestre natural no que se producisen.

Este mesmo criterio aplícase no suposto de variacións familiares que supoñan unha diminución na asignación.

Complementary Content
${loading}