2004/2 do 28 de xaneiro de 2004

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

Novas funcionalidades de afiliación.

  • Novo tratamento do vínculo familiar

O campo "Vínculo familiar", creado en febreiro de 2003 para sinalar os familiares do titular da explotación agraria que non teñan a condición de asalariados, vai ser utilizado ademais para realizar o control sobre determinados traballadores estranxeiros que desempeñen a súa actividade en empresas agrarias.

Para iso, cambiouse o nome e o formato do campo. A partir de agora denominarase "Exclusión de desemprego" e pasará a ser un campo numérico cos seguintes valores:

1 FAMILIAR TITULAR EXPLOTACIÓN
2 ESTRANXEIRO CON PERMISO TIPO F-A-T-ESTUD

O valor "1" Familiar titular explotación terá o mesmo valor e uso ca o actual "S".

O valor "2" Estranxeiros con permiso tipo F-A-T-ESTUD deberá anotarse sobre determinados traballadores estranxeiros con actividade en empresas agrarias (traballadores transfronteirizos, traballadores de temporada e os traballadores autorizados con permiso por estudos).

Achégase novo ficheiro AFI coas modificación resaltadas sobre fondo gris.

  • Novo valor no campo Inactividade

Creouse un novo valor na táboa INACTIVIDADE:

5 AUSENCIA DO TRABALLO - REMC (réxime especial para a minería do carbón)

  • Posta en funcionamento

Todas as modificacións descritas nos puntos anteriores entrarán en funcionamento a partir do 29 de xaneiro de 2004.

En la siguiente tabla podrá descargarse los siguientes Documentos.
Documentos Descarga Fecha
Formato mensaxe de afiliación. (Versión 4.5) Descargar documento Formato mensaxe de afiliación. (Versión 4.5). O documento abrirase nunha ventá nova.(PDF,185 KB) 03/06/2008

Nova transacción de incapacidade temporal en liña

A partir do próximo día  2 de febreiro estará á súa disposición unha nova transacción dentro da aplicación "Incapacidade temporal En Liña."

A nova transacción denomínase "Gravación de partes".

O modo de acceso a esta nova transacción é o mesmo que para o resto de transaccións RED  En Liña (Incapacidade Temporal En Liña), de xeito que se engadirá unha nova opción dentro do menú de "Incapacidade Temporal En Liña"

Menú do servizo Incapacidade temporal do Sistema Red. Amosa 4 Opcións a elixir: Gravación de Partes, Consulta de Partes, Anulación de Procesos de IT e Emisión de Informes.

Achégase Manual de Usuario Xestión En Liña de Partes de Incapacidade Temporal.

Cambio de denominación da modalidade da pagamento Cobro por portelo a Pagamento electrónico para os usuarios do Sistema RED.

Tal e como lles anticipabamos no boletín de Noticias RED 2003/12 do 21 de novembro, a partir do próximo día 2 de febreiro, a modalidade de ingreso para os usuarios do sistema RED denominada "Cobro por portelo" pasará a denominarse "Pagamento electrónico".

Este cambio de denominación NON IMPLICA NINGUNHA MODIFICACIÓN en canto ao funcionamento desta modalidade de pagamento.

Para adaptarse a este cambio de literal modificáronse as pantallas correspondentes de WinSuite, así como os xustificantes técnicos asociados a esta modalidade de pagamentos e as pantallas correspondentes ás transaccións en liña de emisión, eliminación e consulta de cabeceiras de cobro por portelo, que pasan a denominarse "cabeceira para pagamento electrónico".

Remisión automática de informes de traballadores en alta

Co fin de reducir o número de erros que se remiten nos ficheiros de cotización do Sistema RED, vaise poñer en marcha un sistema trimestral de comunicación automática de informes de traballadores en alta (meses de marzo, xuño, setembro e decembro).

Estes informes, unicamente informativos, remitiranse aos usuarios que tras solicitar as modalidades de ingreso de domiciliación en conta ou pagamento electrónico, reciban nos xustificantes técnicos erros nalgún dos seguintes campos:

  • NAF (número de afiliación)

  • NIF (número de identificación)

  • tipo de contrato

  • epígrafe.

A partir destes informes, os usuarios deberán corrixir os erros detectados co fin de que en próximos envíos os datos remitidos sexan correctos.

En todo caso, cómpre lembrar que a través da afiliación en liña se poden consultar tanto os datos identificativos do traballador (consulta de NAF a partir de IPF e consulta de IPF a partir de NAF), os datos laborais dun traballador na empresa e a obtención de informes de afiliados en alta nun código de conta de cotización.

Nova versión de WinSuite

A partir do próximo 29 de xaneiro estará dispoñible para a súa descarga na área de sóftware do Sistema RED, a nova versión do programa WinSuite (versión 4.5.0).

En tanto non se efectúe a distribución da actualización de WinSuite, todos os movementos que requiran a consignación do novo campo "Exclusión de desemprego" que non se contemplan na versión actual, poderanse realizar sen problemas a través da afiliación en liña.

Ademais, se nos programas de nómina e xestión de persoal se poñen en marcha eses cambios, poderase realizar a afiliación a través de remesas.

No suposto de que a aplicación de nóminas non tivese o novo formato de ficheiro actualizado, a versión 4.5.0 de WinSuite dará o seguinte erro: "Erro valor en campo exclusión de desemprego". Con todo, permitirase o envío de ficheiros. Esta Tesourería Xeral, de forma transitoria e ata o día 15 de febreiro, procesará correctamente os ficheiros con formato antigo e realizará a seguinte conversión:

    • O valor S converterase en valor 1 (familiar titular explotación).
    • O valor N ou branco converterase en valor 0.

En todo caso, a partir do 15 de febreiro todos os ficheiros con formato antigo serán rexeitados.

Funcionalidades da nova versión.

  • Afiliación

    • Incorporación do novo tratamento do campo "Vínculo familiar".

    • Incorporación dun novo valor na táboa Inactividade:

5 AUSENCIA DO TRABALLO - REMC (réxime especial para a minería do carbón)


  • Cotización

    • Esta nova versión inclúe as bases e tipos de cotización para o ano 2004.

      Debido á falta de publicación da orde de cotización para o ano 2004, as bases de cotización vixentes para ese ano calculáronse segundo o previsto na Lei 61/2003, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2004.

    • Adaptación das pantallas correspondentes á nova denominación de "Pagamento electrónico".
Complementary Content
${loading}