2004/4, do 29 de marzo de 2004

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

Bonificacións de cotas respecto de empresas e traballadores por conta propia das cidades de Ceuta e Melilla

A Orde TAS/471/2004, do 26 de febreiro (BOE do 27 de febreiro), pola que se ditan normas para a aplicación das bonificacións de cotas establecidas polo apartado 2 da disposición adicional trixésima do texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social, con respecto a empresas e traballadores por conta propia das cidades de Ceuta e Melilla, dispón no seu artigo 2:

"As bonificacións de cotas por continxencias comúns, así como por desemprego, formación profesional e Fondo de Garantía Salarial establecidas no apartado 2 da disposición adicional trixésima da Lei xeral da Seguridade Social serán aplicables sobre todos os traballadores por conta allea e asimilados (incluídos os socios de cooperativas de traballo asociado) que presten os seus servizos en centros de traballo situados no territorio das cidades de Ceuta e Melilla, en calquera das actividades encadradas unicamente nos sectores de comercio, hostalería e industria, excepto enerxía e auga, e nas actividades das axencias de viaxes, operadores turísticos e outras actividades de apoio turístico, conforme a clasificación de actividades contida no Real decreto 1560/1992, do 18 de decembro, polo que se aproba a Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE-93).

Así mesmo, esas bonificacións serán aplicables ás cotas por continxencias comúns dos traballadores autónomos encadrados no réxime especial da Seguridade Social dos traballadores (por contra propia ou autónomos), incluídos os socios de cooperativas de traballo asociado que teñan tal carácter, dedicados ás mesmas actividades, cando as exerzan nas cidades de Ceuta e Melilla."


Establécese unha bonificación do 40 por cen das cotas empresariais por continxencias comúns e conceptos de recadación conxunta (desemprego, FOGASA e formación profesional), no seu caso.

As bonificacións de cotas reguladas nesta orde serán aplicables nos correspondentes documentos de cotización con carácter automático a partir do día 1 do mes seguinte ao período de vixencia da súa aplicación (para réximes por conta allea, a partir do período de presentación de abril, período de liquidación de marzo de 2004; para réxime especial de autónomos nas cotas correspondentes ao período de liquidación de abril de 2004). A duración destas bonificacións será de dous anos.

Estas bonificacións serán compatibles coas establecidas con carácter xeral nos programas de fomento de emprego, sen que en ningún caso a suma das bonificacións aplicables poida exceder do 100 por cen, e financiaranse con cargo ao Servizo Público de Emprego Estatal.

  • Sistema RED


    • Formalización das bonificacións no ficheiro FAN

      Para reflectir estas bonificacións creouse un novo código de compensacións/bonificacións:

      EDLCD20: "Bonificación Ceuta e Melilla"


      A suma de bonificacións código 20 totalizará no segmento:

      EDTCD20: "Total bonificación Ceuta e Melilla"


      O importe destas bonificacións totalizará no segmento EDTCA60 "Suma de bonificacións, subvencións e compensacións".


    • Validacións

      Admitirase a clave CD20 cando se cumpran os seguintes requisitos:

      • O código de conta de cotización debe corresponder ás provincias de Ceuta (51) ou Melilla (52).


      • O período de liquidación deberá ser igual ou posterior a marzo de 2004.


      • Acéptase esta bonificación en todos os réximes excepto 0112 (réxime xeral colectivo de artistas), 0613 (r. especial agrario) e 08xx (réxime especial do mar).


      • Validarase que o código de conta de cotización teña asociada unha actividade económica das admitidas para estas bonificacións: comercio, hostalería e industria (excepto enerxía e auga), e actividades de axencias de viaxe, operadores turísticos e outras actividades de apoio turístico.


  • TC2 normalizado

    Esta bonificación reflectirase no recadro "Clave" do apartado "Deducións" con código 20, "Bonificación Ceuta e Melilla".

    O importe de todas eles acumularase no recadro "Bonificacións e reducións a cargo do SPEE" e trasladarase ao recadro 601 "Bonificacións, subvencións e compensacións desemp. parcial" do modelo da serie TC1.


  • Aplicación das bonificacións no réxime especial de traballadores autónomos

    As bonificacións polos traballadores do réxime especial de autónomos incluídos dentro do ámbito da súa aplicación deberán consignarse no recadro "Bonificación/subvención" do modelo TC1/15.

Orde TAS/399/2004, do 12 de febreiro (BOE do 23 de febreiro), sobre presentación en soporte informático

Orde TAS/399/2004, do 12 de febreiro (BOE do 23 de febreiro), sobre presentación en soporte informático dos comunicados médicos de baixa, confirmación da baixa e a alta correspondentes a procesos de incapacidade temporal.

Mediante a orde ministerial de referencia regúlase o envío dos partes de baixa médica, confirmación da baixa e alta médica relativos a procesos de incapacidade temporal a través do sistema de remisión electrónica de datos, determinando as condicións e características que deben rexer este procedemento.

Así, no seu artigo 1 establécese a obrigatoriedade de transmitir a través do Sistema RED   los partes médicos de baixa, confirmación da baixa e alta correspondentes a procesos de incapacidade temporal, para aquelas empresas, agrupacións de empresas e profesionais colexiados adheridos so Sistema RED.

Ao presentar por vía telemática as copias dos partes médicos indicados, estas non deberán presentarse en papel.

Os modelos das copias dos partes médicos en soporte papel deberán ser gardados polas empresas durante un prazo de catro anos, contados desde a súa data de presentación telemática.

Os prazos de presentación das copias dos partes médicos a través do Sistema RED serán os establecidos pola Orde do Ministerio de Traballo e Inmigración, do 19 de xuño de 1997, para as copias dos partes en soporte papel.

O incumprimento do previsto na Orde TAS/399/2004, do 12 de febreiro, tanto no que se refire á forma de presentación das copias dos partes médicos, como nos prazos que se deben observar, poderá dar lugar á infracción prevista no artigo 21.6 do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, e á sanción que sexa procedente.

Aclaracións ao punto 5 do Boletín de Noticias RED número 2004/03 - Liquidacións complementarias con período de liquidación múltiple que non conteñen datos dalgún dos meses comprendidos no período de liquidación.

En relación coa nova validación (punto 5 do boletín de Noticias RED 2004/3) introducida para as liquidacións complementarias de período múltiple que non conteñan cotización de todos os meses comprendidos no período de liquidación consignado no segmento EMP, comprobouse que algúns usuarios do Sistema RED que presentaron unha liquidación con estas características, ao recibir os correspondentes xustificantes técnicos notificando o erro e o rexeitamento da solicitude de cargo en conta ou pagamento electrónico, no seu caso, realizan novas presentacións desas complementarias, xa de forma correcta en canto a este novo control, pero sen solicitar aos servizos de atención telefónica a anulación do documento inicial procesado con erro, que non queda substituído polas novas presentacións ao non coincidir xa o período de liquidación.

Para evitar que se xeren débedas indebidas como consecuencia da consolidación deses documentos que non se substitúen polas novas presentacións, os usuarios que realizasen esta actuación deberán poñerse en contacto co servizo de atención telefónica para solicitar a anulación da liquidación procesada con erro ao incumprir este novo control.

Así mesmo, infórmase de que se está a desenvolver unha transacción para que sexan os propios usuarios os que poidan anular presentacións que non se atopen consolidadas ou bloqueadas (por peche de cargo en conta ou emisión de cabeceira para pagamento electrónico). Antes de implantar esta transacción, comunicarase oportunamente.

Incorporación de datos relativos ao autorizado ao Sistema RED nos modelos de solicitude de alta, baixa e variación de datos de traballadores por conta propia.

Na última versión dos modelos de solicitude de alta, baixa e variación de datos de traballadores por conta propia incorporouse un apartado de datos relativos á persoa autorizada do Sistema RED.

Este apartado está destinado a identificar os graduados sociais, xestores administrativos ou outros que, estando autorizados ao Sistema RED, cubran estes modelos de solicitude de alta, baixa e variación, a instancia do propio traballador por conta propia, sen que isto supoña a curto prazo a posibilidade de transmitir os movementos destes traballadores a través deste Sistema.

Coas modificacións introducidas nos devanditos modelos de solicitude preténdese prescindir proximamente do modelo TA.0021 (proposta de adhesión para a cobertura da prestación económica de incapacidade temporal) que actualmente se cubre nas solicitudes de alta para o seu posterior envío ás mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

Distribución de WinSuite32 e nova versión de 16 bits 4.6

Tal e como se anticipaba no boletín de Noticias RED 2004/3 do 17 de febreiro, a partir do vindeiro 30 de marzo, terá á súa disposición na área de sóftware do Sistema RED da páxina web da Seguridade Social (www.seg-social.es) a nova WinSuite32, desenvolvida para Windows de 32 bits (Windows 9x, NT, 2000 e XP).

Xunto con esta nova WinSuite32 (versión 5.1), porase á súa disposición a versión 4.6 da WinSuite de 16 bits (lémbrase que a partir da versión 4.7, a WinSuite de 16 bits deixará de actualizarse coas novidades que se vaian incorporando).

Para todo o proceso de instalación e migración de datos da WinSuite de 16 bits a WinSuite32, debe consultar o "Manual para a instalación e migración WinSuite32" que se atopa dispoñible no apartado "Manuais" da Área de documentacións do Sistema RED.

NOTA: Os usuarios que participasen na fase piloto de WinSuite32 actualizaranse automaticamente á nova versión 5.1 desta WinSuite ao realizar un envío.


Ambas WinSuite recollen todas as modificacións anunciadas tanto neste boletín de Noticias RED como no boletín de Noticias RED 2004/3:

Ámbito de afiliación

  • Cambio do coeficiente redutor da idade de xubilación.


Ámbito de cotización

  • Adaptación ás novas normas de formalización da cotización por traballadores con contrato suspendido por expediente de regulación de emprego.

  • Validación de liquidacións con período de liquidación múltiple que non conteñan datos de todos os meses comprendidos no período de liquidación.

  • Adaptación ás normas de aplicación das bonificacións por formación continua.

  • Adaptación ás normas de aplicación das bonificacións previstas para as cidades de Ceuta e Melilla.
Complementary Content
${loading}