2004/5, do 7 de maio de 2004

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

Finalización do mantemento da WinSuite de 16 bits

Tal e como se adiantaba no Noticias RED 2004/4 do 29 de marzo de 2004, a partir do mes de xuño a WinSuite de 16 bits deixará de actualizarse coas novidades que se vaian incorporando. En concreto, todas as novidades que aparecen neste Noticias RED só estarán dispoñibles para WinSuite32. Por este motivo cómpre que que todos os usuarios do Sistema RED instalen a nova WinSuite32 antes desa data.

Esta nova versión de WinSuite proporciona as mesmas funcionalidades ca a antiga versión, ademais de maiores vantaxes, entre as que destacan:

  • Instalación integrada dos programas RedCom e WinSuite32: evítase ter que instalar e realizar modificacións en dúas aplicacións.

  • Actualización automática de versións: a WinSuite32 comproba automaticamente durante o proceso de envío (tanto de cotización como de afiliación) a existencia de novas actualizacións, que se descargan de xeito automático.

  • Nova imaxe: conseguiuse un aspecto máis atractivo que facilita o manexo da aplicación.

  • Nova axuda: elaborouse unha nova versión da axuda que, además de resolver as dúbidas do usuario, permite coñecer con detemento o funcionamento de WinSuite32.

  • Simplificación do proceso de impresión do recibo de liquidación de cotizacións: de modo análogo á impresión dos documentos da serie TC2, posibilítase a selección dos recibos de liquidación de cotizacións por período de presentación e permite seleccionar a impresión por CCC ou razón social.

  • Posibilidade de exportar a formato PDF (Acrobat): a nova WinSuite32 permite exportar algúns dos informes (documentos TC2, recibos de liquidación de cotizacións e documentos ITA) a calquera directorio do seu computador en formato PDF, de tal xeito que os poida remitir posteriormente por correo electrónico á persoa que desexe.

  • Migración da antiga WinSuite a WinSuite32: a transición entre unha versión e outra resulta transparente. O proceso de migración automático permite que o usuario poida traballar con WinSuite32 con toda a información que tiña en WinSuite sen ter que realizar ningún proceso manual.

  • Instalación en rede: mellórase a instalación en rede de WinSuite32 permitindo a súa utilización tanto nos clientes como no propio servidor.

  • Consulta de envíos: esta nova utilidade permite asociar os ficheiros enviados coas respostas da Tesourería Xeral da Seguridade Social. Tamén inclúe criterios de consulta por data e por NIF, así como por tipo de ficheiros enviados.

Para todo o proceso de instalación e migración de datos da versión de WinSuite de 16 bits a WinSuite32, débese consultar o "Manual para a instalación e migración WinSuite32" que se atopa dispoñible no apartado "Manuais" da Área de documentación do Sistema RED.

Cambio de formato dos xustificantes técnicos de afiliación

Na actualidade as respostas que se emiten ao procesar as mensaxes de afiliación (ficheiros .AFI), é dicir, os chamados xustificantes técnicos, xéranse e envíanse en formato texto. Neste formato, orixínase un acuse coas accións procesadas correctamente e outro coas accións que teñen erros.

Estase traballando para que estas respostas se xeren en ficheiro formatado e non en formato texto. Así, crearase unha nova mensaxe que se denominará FRA (ficheiro de resposta de afiliación).

Este cambio posibilita un tratamento informático das respostas e permite á súa vez, se se desexa, obter unha resposta impresa en texto lexible, para o cal é necesario un proceso que transforme ese ficheiro en texto.

Para aqueles usuarios que utilicen WinSuite32 para as súas actuacións no ámbito da afiliación, será este programa o encargado de recibir e procesar este ficheiro, así como de mostralo e imprimilo cun aspecto semellante ao xustificante actual (do mesmo xeito a como se fai actualmente coas respostas do INSS).

Orixinarase unha única mensaxe FRA por cada ficheiro .AFI enviado polo usuario, na que se incluirán tanto as accións procesadas correctamente como as que teñen erros.
Porén, WinSuite32 permitirá diferentes opcións de impresión: todas as accións, só correctas, só incorrectas, accións individuais.

Aqueles usuarios que non utilicen WinSuite32 terán que desenvolver o proceso que trate este ficheiro eles mesmos.

Achégase o autómata, ficheiro normal e exemplo de xustificante técnico que imprimirá WinSuite32.

Nota: Hai que ter en conta que os datos que se engaden para o envío destas respostas, actualmente incluídos no TXT (CNA, UNB e datos de envío), se manteñen. Xa que logo, diante do ficheiro normal manteranse os datos:


A=NNNNNNNN;S=nnnnnnnnnL;T=(FRA10HAF10)
(S=nnnnnnnnnL;R=nome do ficheiro)
.
.
.

Tamén se xerarán en formato FRA as respostas a aquelas mensaxes que son rexeitadas por completo, ben porque conteñen erros morfolóxicos (é dicir, porque a disposición de rexistros e campos non é correcta), ben porque teñen erros de autorización.

Por outra banda, tamén se van xerar en ficheiro formatado as respostas que se emiten cando un movemento de alta ou baixa que se realizou con carácter previo é rexeitado no momento da consolidación, é dicir, os xustificantes que se emiten como consecuencia do rexeitamento da consolidación de movementos previos.

Neste caso, a mensaxe que se vai xerar denomínase FRE.

Tamén este ficheiro será recibido e procesado por WinSuite32, programa que permitirá imprimir a xustificación en texto lexible.

Achégase autómata, ficheiro normal e exemplo da impresión que vai realizar WinSuite32.

Logo de desenvolver estes novos modelos de resposta en ficheiro formatado e de distribuír a versión de WinSuite32 que os trate, deixará de xerarse o actual xustificante técnico en formato texto.
Está previsto que isto ocorra a primeiros do mes de xullo deste ano. Nun próximo boletín de noticias RED , concretarase a data de implantación e darase información máis detallada sobre o funcionamento de WinSuite32.

En la siguiente tabla podrá descargarse los siguientes Documentos.
Documentos Descarga Fecha
Ficheiro plano resposta de afiliación - FRA - Versión 1 Descargar documento Ficheiro plano resposta de afiliación - FRA - Versión 1. O documento abrirase nunha ventá nova.(PDF,213 KB) 29/05/2008
Autómata ficheiro resposta de afiliación - FRA - Versión 1 Descargar documento Autómata ficheiro resposta de afiliación - FRA - Versión 1. O documento abrirase nunha ventá nova.(PDF,15 KB) 29/05/2008
Xustificantes técnicos do ficheiro de resposta de afiliación - FRA Descargar documento Xustificantes técnicos do ficheiro de resposta de afiliación  - FRA. O documento abrirase nunha ventá nova.(PDF,33 KB) 30/05/2008
Ficheiro plano de resposta de erros na consolidación de movementos previos - FRE - Versión 1 Descargar documento Ficheiro plano de resposta de erros na consolidación de movementos previos - FRE - Versión 1. O documento abrirase nunha ventá nova.(PDF,176 KB) 29/05/2008
Autómata ficheiro de resposta de erros na consolidación de movementos previos - FRE - Versión 1 Descargar documento Autómata ficheiro de resposta de erros na consolidación de movementos previos - FRE - Versión 1. O documento abrirase nunha ventá nova.(PDF,13 KB) 29/05/2008
Xustificantes técnicos do ficheiro de resposta de erros na consolidación de movementos previos - FRE Descargar documento Xustificantes técnicos do ficheiro de resposta de erros na consolidación de movementos previos - FRE. O documento abrirase nunha ventá nova.(PDF,15 KB) 30/05/2008

Novo campo nas altas do réxime especial agrario (0613).

Creouse un novo campo para as altas de traballadores do réxime especial agrario (0613).

Trátase do campo "Sen inclusión no censo agrario", que deberá cubrirse cun "S" en aquelas altas que correspondan a traballadores que, aínda incluídos neste réxime especial, non reúnan algún dos requisitos que establece o artigo 2 do texto refundido do réxime especial agrario da Seguridade Social aprobado polo Decreto 2123/1971 do 23 de xullo.

O feito de cubrir este campo provocará que non se xere a alta no censo agrario (réxime 0611).

Achégase ficheiro AFI modificado.

Esa modificación porase en funcionamento cando se distribúa a próxima versión de WinSuite32.

En la siguiente tabla podrá descargarse los siguientes Documentos.
Documentos Descarga Fecha
Ficheiro plano mensaxe de afiliación AFI versión 4.0 Descargar documento Ficheiro plano mensaxe de afiliación AFI versión 4.0. O documento abrirase nunha ventá nova.(PDF,204 KB) 30/05/2008

Novos códigos admisibles do colectivo de traballador

Ata agora os administradores das sociedades mercantís capitalistas que teñen a condición de asimilados a conta allea atopábanse identificados no ficheiro xeral de afiliación mediante a súa alta nun CCC con TRL 951, pero non se permitía a diferenciación dos dous colectivos distintos que poden existir de administradores asimilados na súa relación coa Seguridade Social.

Por iso creáronse dous novos valores no campo "Colectivo de traballador". Os novos valores son:

  • 951: CONSELLEIRO-ADMINISTRADOR SOCIEDADE MERCANTIL CON CONTRATO DE TRABALLO

  • 952: CONSELLEIRO-ADMINISTRADOR SOCIEDADE MERCANTIL CON CONTRATO MERCANTIL

Eses valores só se poden utilizar para aqueles CCC cuxo tipo de relación laboral sexa 951.

Incorporación de código de barras nos recibos de liquidación de cotizacións para pagamento electrónico

A próxima versión de WinSuite de 32 bits que se distribúa incluirá unha novidade nos recibos de liquidación de cotizacións xerados como consecuencia da solicitude de pagamento electrónico.

Na zona inferior do documento, destinado á entidade financeira, incorporarase un código de barras que facilitaralle á entidade financeira onde se efectúe o pagamento a xestión de captación dos datos de cabeceira correspondentes a ese recibo de liquidación, evitando así erros que impliquen despois a imposibilidade de recibir na Tesourería Xeral da Seguridade Social a comunicación de que ese ingreso se levou a cabo no prazo establecido.

Segundo se pode desprender do anteriormente indicado, a introdución nos recibos de liquidación de cotizacións para pagamento electrónico do código de barras non implica a realización de modificación ningunha para os usuarios do Sistema RED.

Os recibos de liquidación de cotización que imprimen os usuarios que non utilizan WinSuite32, serán igualmente válidos para efectuar os seus ingresos de cotas de pagamento electrónico aínda que non inclúan código de barras.

Modificación do Regulamento xeral sobre cotización e liquidación doutros dereitos á Seguridade Social.

O Real decreto 335/2004, do 27 de febreiro, polo que se modifican o Regulamento xeral sobre cotización e liquidación doutros dereitos á Seguridade Social, aprobado polo RD 2064/1995, do 22 de decembro e o RD 2930/1979, do 29 de decembro, polo que se revisa a tarifa de primas para a cotización á Seguridade Social por accidentes de traballo e enfermidades profesionais, introduce como modificacións máis relevantes no ámbito da cotización á Seguridade Social as seguintes:

  • Cotización no réxime especial de artistas

    • O apartado cinco do artigo primeiro do devandito Real decreto modifica o apartado 2 do artigo 32, polo que se dispón que a base mínima de cotización en cada exercicio para continxencias comúns e desemprego será a correspondente ao grupo de cotización no que estea encadrado o traballador en función da súa categoría profesional, agás naqueles grupos nos que esa base de cotización sexa inferior á mínima establecida para o réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos, en cuxo caso se aplicará esta última.

      Para as continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais e para as dos conceptos de recadación conxunta, as bases de cotización non poderán ser superiores nin inferiores, respectivamente, aos topes máximo e mínimo.

    • O apartado seis do artigo primeiro modifica os parágrafos b e c do apartado 5 do artigo 32 do Regulamento xeral de cotización.

      A cotización, provisional e definitiva neste réxime especial realizarase atendendo ás seguintes regras:


      • Liquidacións provisionais (cotización a conta)


        • As empresas cotizarán mensualmente por todas as continxencias en función das retribucións percibidas por cada día que o artista exercese a súa actividade por conta daquelas, sobre as bases fixadas en cada exercicio económico, con independencia do grupo profesional no que o artista estea incluído, pero con aplicación do tope máximo mensual de cotización, tanto para continxencias comúns como para continxencias profesionais.

          (Para o ano 2004 as bases de cotización a conta son as publicadas no artigo 11 da Orde de cotización, OM do 12 de febreiro de 2004.)

        • Se o salario realmente percibido polo artista en cómputo diario fose inferior ás cantidades ás que se refire o parágrafo anterior, cotizarase por aquel.

        • En ningún caso poderá tomarse como base de cotización, para a cotización por continxencias comúns, unha cantidade menor ao importe diario da base mínima correspondente ao grupo de cotización en que estea encadrado o traballador en función da súa categoría profesional.

        • Naqueles grupos nos que esa base de cotización sexa inferior á mínima establecida para o réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos, cotizarase por esta última.

          (Para o ano 2003 e 2004, a base de cotización mínima no réxime especial de artistas para os grupos 2, 3, 4, 5 e 7 será a mínima do réxime especial de autónomos.)

        • Polas continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais e demais conceptos de recadación conxunta, a base de cotización non poderá ser inferior aos topes mínimos absolutos.

        • Esas liquidacións terán o carácter de provisionais para os traballadores respecto das continxencias comúns e desemprego.

    • Liquidación definitiva


      • Ao finalizar o exercicio económico do que se trate, a Tesourería Xeral da Seguridade Social, tendo en conta as retribucións declaradas nos documentos de cotización e as bases cotizadas, efectuará a liquidación definitiva que corresponda aos traballadores para continxencias comúns e desemprego, aplicando o tipo xeral establecido para estas continxencias, tanto o correspondente á achega empresarial como á dos traballadores. A estes reclamaráselles, no seu caso, o importe da liquidación definitiva para que ingresen as diferenzas de cotas no prazo regulamentario do mes seguinte á súa notificación.

        Con todo, a Tesourería Xeral da Seguridade Social poderá autorizar aos traballadores que o soliciten dentro dese mes a efectuar tal ingreso por períodos mensuais diferidos nun ou máis meses naturais ata o máximo de seis, como prazos regulamentarios de pagamento.

      • Logo de recibir a liquidación definitiva, o traballador poderá optar, dentro do mes seguinte á notificación da liquidación, por aboar o seu importe ou porque a regularización se efectúe en función das bases efectivamente cotizadas.

        Se non efectúa comunicación ningunha nese prazo, entenderase que opta por esta última. A Tesourería Xeral procederá entón a efectuar a nova regularización, deixando sen efecto a primeira.

      • No suposto de que ao practicar a Tesourería Xeral da Seguridade Social a liquidación de cotas definitiva aos traballadores, se producise un exceso de cotización no exercicio económico, devolveranse aos traballadores –de oficio ou a instancia de parte–, as cantidades ingresadas de máis, por indebidas.

    • A cotización para o réxime especial de artistas, segundo o disposto polo Real decreto 335/2004, será aplicable ás liquidacións de cotas posteriores ao 1 de xaneiro de 2003.

    • As cotizacións sociais relativas aos artistas, liquidadas a conta segundo a normativa vixente ata o 31 de decembro de 2002, terán o carácter de definitivas para empresas e traballadores.

  • Axuste das bases de cotización á unidade de euro máis próxima

O artigo primeiro, apartado un, do Real decreto 335/2004, dá unha nova redacción ao apartado 2 do artigo 8 do Regulamento xeral de cotización e liquidación aprobado polo Real decreto 2064/1995, do 22 de decembro, nos seguintes termos:

"Dentro dos límites aos que se refire o apartado 3 do artigo seguintes deste regulamento, esas bases de cotización poderán ser axustadas (por exceso ou por defecto) ata a unidade de euro máis próxima nos termos e condicións que estableza o Ministerio de Traballo e Inmigración, sen que estas regularizacións poidan superar os topes absolutos, máximos e mínimos, fixados para aquelas".

Este axuste das bases de cotización á unidade de euro máis próxima queda condicionado ao seu desenvolvemento por orde ministerial. Xa que logo, non entrará en vigor ata a súa publicación.

  • Cotización por accidente de traballo e enfermidades profesionais dos traballadores incluídos no réxime especial dos traballadores autónomos durante a situación de incapacidade temporal e maternidade

O artigo segundo do Real decreto 335/2004 engade un novo apartado, o 94, ao anexo 2 do Real decreto 2930/1979, do 29 de decembro, no que se dispón que:

O epígrafe aplicable durante as situacións de incapacidade temporal e maternidade dos traballadores/as incluídos no réxime especial de traballadores autónomos (calquera que sexa a súa actividade) será o epígrafe 01.

Formalización das bonificacións con carácter retroactivo

Detectouse que algunhas empresas non cubren correctamente no ficheiro FAN o importe das bonificacións concedidas con efectos retroactivos.

As empresas que estean autorizadas a resarcirse mediante deducións concedidas con efectos retroactivos, poderán practicar as deducións correspondentes ao tempo transcorrido desde o inicio do dereito recoñecido na liquidación do mes seguinte a aquel no que se produza a notificación da resolución da súa concesión, cando así conste nela.

Lémbrase que a forma correcta de cubrir o importe destas bonificacións é a seguinte:

  • Estas bonificacións reflectiranse na liquidación normal do mes coas claves de bonificación/redución que correspondan en función do tipo de bonificación/redución (CD06, CD07, CD10, CD11, CD12, CD13, CD16, CD20).

    Na liquidación do mes indicaranse dous segmentos CDxx: un relativo á bonificación/redución correspondente ao mes de liquidación e outro relativo ás bonificacións/reducións retroactivas.

    No primeiro segmento EDLCDxx indicarase o número de días e o importe da bonificación do mes ao que corresponde a liquidación, indicando a súa data de resolución.

    No segundo segmento EDLCDxx indicarase o total de días aos que corresponde a bonificación/redución con efectos retroactivos e o seu importe total. No campo data de resolución consignarase a data de concesión da bonificación/redución con carácter retroactivo, así como a data de inicio e fin do período de bonificación con efecto retroactivo.

  • O importe das bonificacións ou reducións totalizaranse nos seus correspondentes segmentos totalizadores, EDTCDxx.

  • A suma das bonificacións con carácter retroactivo aparecerá no segmento EDTCA86 (total bonificacións retroactivas a cargo do SPEE, é dicir, CD07, CD10, CD11, CD12, CD13, CD16, CD20).

    A suma das reducións con carácter retroactivo darase no segmento EDTCA87, (suma de CD06 con carácter retroactivo).

    Estes segmentos teñen carácter informativo, polo que o seu importe non sumará en ningún segmento totalizador.


Por outra parte, lémbrase que para cada tramo (segmento DAT) deberán consignarse as bases e bonificacións correspondentes a ese tramo (é dicir, o importe correspondente aos días consignados nese segmento DAT), sen que se poida (no suposto de mais dun segmento DAT para o traballador) acumularse o total das bonificacións nun deles.

Infórmase de que cando as bonificacións non se cubran de acordo con estas regras, darase o erro correspondente, que poderá dar lugar ao rexeitamento da solicitude de cargo en conta, pagamento electrónico ou saldo acredor.

Complementary Content
${loading}