2004/1 do 13 de xaneiro de 2004

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

Notificación de reclamacións de débeda.

A partir de xaneiro de 2004 a Tesourería xeral da Seguridade Social vai utilizar un procedemento de notificación de reclamacións de débeda aos representantes daquelas empresas que, a pesar de estar adheridas ao Sistema RED e de actuar nel a través través deses representantes, non recibiron as notificacións que se dirixen directamente ao domicilio declarado da empresa ante a Tesourería Xeral da Seguridade Social.

As vantaxes que proporciona este sistema son, entre outras, as seguintes:

A recepción das reclamacións é esencial para que as empresas coñezan a súa situación e poidan actuar en consecuencia: se a débeda é errónea total ou parcialmente, pode corrixirse nos prazos legais; se é correcta, e antes de que se xeren recargas maiores, pódese pagar ou regularizar mediante a solicitude do aprazamento correspondente.

Hai que ter en conta que as recargas increméntanse co transcurso do tempo e que, aínda que non se reciba a notificación, remata facéndose efectiva mediante a súa publicación nos boletíns oficiais.

Esta circunstancia verase agravada cando se produza a entrada en vigor dos novas recargas e xuros previstos na Lei 52/2003 do 10 de decembro (BOE do 11 de decembro) que, entre outras modificacións, inclúe a xeración de xuros de demora, ademais das recargas correspondentes, desde a finalización do prazo regulamentario de ingreso.


En todo caso, a recepción por parte dos representantes ante o Sistema RED destas notificacións non implica máis responsabilidade que a de poñer en coñecemento das empresas ás que representan a existencia da débeda para que poidan actuar en consecuencia.

Modificación da formalización da cotización polos traballadores en situación de suspensión da relación laboral polo expediente de regulación de emprego (total ou parcial).

O obxectivo é incorporar nas liquidacións normais (L00) as cotizacións correspondentes aos traballadores en situación de suspensión do contrato de traballo derivada de expediente de regulación de emprego (total ou parcial), o que permite simplificar a confección dos documentos de cotización e reducir o número de liquidacións complementarias que se deben presentar.

Deste xeito desaparecerán as actuais liquidacións complementarias por expedientes de regulación de emprego (en adiante ERE): L10 (ou 010) "Expediente de regulación de emprego parcial" e L11 (ou 011) "Expediente de regulación de emprego total".

A identificación da cotización polos traballadores en situación de suspensión do contrato de traballo por ERE na liquidación ordinaria da empresa realizarase utilizando claves de situación especial. As bases de cotización asociadas a esa situación deberán corresponder a claves de base exclusivamente empresarial.

A continuación indícanse as modificacións que hai que realizar nos documentos de cotización. Porén, darase a data concreta de implantación nun próximo boletín de Noticias RED.

  • SISTEMA RED: Incorporación da cotización por traballadores en situación de suspensión do contrato de traballo por expediente de regulación de emprego (total ou parcial) nas liquidacións normais (L00).

    A partir da posta en produción destas modificacións, non se admitirán as liquidacións con código L10 e L11.
    • Expedientes de regulación de emprego parcial

      - Especificacións de formalización do ficheiro FAN

As situacións de expediente de regulación de emprego parcial implican unha redución na xornada do traballador.

A peculiaridade en materia de cotización consiste en que o traballador se atopa parte da xornada en situación de activo, co que a empresa é responsable do ingreso da achega empresarial e a obreira; e parte da xornada atópase en situación de desemprego parcial.

Pola parte de xornada en situación de ERE, a empresa debe ingresar só a súa achega por todas as continxencias. A cotización por AT e EP deberá realizarse ao epígrafe 126.

A cota obreira ingrésaa o SPEE despois de descontarlla ao traballador ao facerlle efectivo o aboamento da prestación.

A cotización correspondente aos traballadores que se atopen en situación de suspensión do contrato de traballo por ERE parcial incluirase dentro da liquidación normal do mes (L00) e aparecerá no ficheiro FAN da seguinte forma:

    • A parte correspondente á xornada traballada deberá informarse co valor "R" (regulación de emprego parcial; parte traballada), no campo 1110 do ficheiro FAN.

    • A parte en situación de suspensión de emprego deberá marcarse co valor "P" (regulación de emprego parcial; parte de xornada en situación de ERE), no campo 1110 do ficheiro FAN.

    • As bases correspondentes ao segmento DAT relativas á parte de xornada en situación de regulación de emprego ("P") deberán ser claves de bases de cotización empresarial (BA20 ou BA21 e BA22).

    • O epígrafe correspondente á parte de xornada regulada (identificada coa situación especial "P") debe ser o 126.

- Validacións

    • Comprobarase que, se vén un segmento DAT co indicador "R" no campo 1110, necesariamente ten que vir asociado outro segmento DAT relativo ao mesmo período de liquidación co indicador "P" e viceversa.

    • O número de días máximo validarase a nivel de DAT, pero non se controlará que a suma dos días que aparecen nos segmentos DAT con indicador no campo 1110 "R" e "P" superen os 31 días.

      Non se pode realizar o control do número de días máximo debido a que, tanto no DAT correspondente á parte traballada como no correspondente á parte en situación de ERE, se indica o número de días en tales situacións. Así, se o ERE parcial supón unha redución da xornada diaria, o número de días na parte traballada será 30 e o número de días na parte regulada será igualmente de 30.

    • Comprobarase que as bases de cotización asociadas á parte de xornada en situación de ERE (identificadas co valor "P") sexan claves de bases exclusivamente empresariais. En caso contrario informarase de "Erro bases incompatibles con situación especial".

    • Validarase que o epígrafe correspondente a este segmento (valor "P" no campo 1110) sexa o 126.
  • Expedientes de regulación de emprego total

- Especificacións de formalización do ficheiro FAN

A cotización polos traballadores en situación de suspensión da relación laboral por expedientes de regulación de emprego total integrarase dentro da liquidación ordinaria (L00) e reflectirase no ficheiro FAN conforme as seguintes regras:

    • Os traballadores afectados polo ERE total identificaranse co valor "T" (expediente de regulación de emprego total; cotización empresarial), no campo 1110 do ficheiro FAN.
    • As claves de bases de cotización asociadas a esta situación especial deben ser claves exclusivamente empresariais (BA20, BA21 ou BA22).

    • O epígrafe asociado a esta situación debe ser o 126.

- Validacións

    • Validarase que non poida vir asociado para o mesmo traballador un segmento DAT relativo a un período de liquidación determinado con valor "T" e outro segmento con valores "R" ou "P" (valores asociados a expedientes de regulación de emprego parcial) no campo 1110 do ficheiro FAN.

    • As claves de bases asociadas ao segmento DAT co indicador "T" no campo 1110 serán exclusivamente empresariais: BA20, BA21 ou BA22.

    • Validarase que o epígrafe asociado á situación de expediente de regulación de emprego total ("T") sexa necesariamente o 126.
  • Validacións comúns a situacións de suspensión do contrato de traballo por expediente de regulación de emprego total ou parcial
    • Só se admitirá a clave de compensación por desemprego parcial (CD09) cando exista prestación de pagamento por desemprego parcial e apareza o valor "T" ou "P" no campo 1110 do segmento DAT asociado á situación de ERE.

      En caso contrario, saltará o erro: "Erro compensación improcedente".

    • Non se admitirá o valor "T" ou "P" nas liquidacións complementarias que se deban a vacacións non gozadas e retribuídas ao finalizar o contrato de traballo (L13).

      Se durante a situación de suspensión do contrato de traballo por expediente de regulación de emprego se extinguise a relación laboral (por vontade do traballador ou por calquera outro motivo) e correspondese aboar ao traballador o importe das vacacións non gozadas, estas deberán liquidarse nunha liquidación L13.

      Nesta liquidación L13 xa non se porá de manifesto a situación de ERE (non deberán aparecer os valores "T", "P" ou "R" no campo 1110 do segmento DAT) e a cotización deberá efectuarse conforme as regras xenéricas da liquidación L13 que se describen no boletín de Noticias RED 2003/2 do 3 de febreiro de 2003 (as claves de bases non poden ser exclusivamente empresariais, o epígrafe non pode ser o 126, etc .).
  • TC2 - NORMALIZADO

Coa desaparición dos tipos de liquidación 010 (expedientes de regulación de emprego parcial) e 011 (expedientes de regulación de emprego total) do TC-2 normalizado e a inclusión dos traballadores que estean nesta situación no boletín TC-2 que cobre a empresa co tipo de liquidación 000 (normal), prodúcense unha serie de cambios na formalización do TC-2 normalizado.

  • Expedientes de regulación de emprego parcial

A clave de situación especial código 5 (regulación de emprego parcial; cotización empresarial) que anteriormente se cubría na liquidación normal (000) para indicar que o traballador se atopaba en situación de ERE e que, polo tanto, existía outra liquidación complementaria (010), a partir de agora servirá para identificar a parte de xornada en situación de ERE. A diferenza do Sistema RED, no TC2 normalizado non se identifica a parte de xornada traballada con ningún código de situación especial.

    • O código de situación especial 5 (regulación de emprego parcial; cotización empresarial) cubrirase na mesma liña ca os códigos de bases 20, 21 ou 22 (cotización empresarial).

    • O epígrafe de accidentes de traballo e enfermidade profesional deberá ser o 126.

    • O código de deducións/compensacións 09 (compensación por desemprego parcial) só se poderá cubrir cando exista prestación de pagamento delegado por desemprego parcial e sempre que o recadro de situacións especiais vaia codificado con 5 ou 7.

    • Non poderá cubrirse o valor 5 ou 7 nas liquidacións 013 (vacacións acumuladas e non gozadas).
  • Expedientes de regulación de emprego total

    Cando os traballadores estean nesta situación, o recadro Situacións especiais irá marcado co código 7 (regulación de emprego total; cotización empresarial):

    • O código de situación especial 7 (regulación de emprego parcial; cotización empresarial) cubrirase na mesma liña ca os códigos de bases 20, 21 ou 22 (cotización empresarial).

    • O epígrafe de accidentes de traballo e enfermidade profesional deberá ser o 126.

    • O código de deducións/compensacións 09 (compensación por desemprego parcial) só se poderá cubrir cando exista prestación de pagamento delegado por desemprego parcial e sempre que o recadro de situacións especiais vaia codificado con 5 ou 7.
    • Non poderá cubrirse o valor 5 ou 7 nas liquidacións 013 (vacacións acumuladas e non gozadas).

Aspectos máis relevantes en materia de cotización e recadación introducidos pola Lei 52/2003, do 10 de decembro, de disposicións específicas en materia de Seguridade Social (BOE do 11 de decembro de 2003).

En materia de cotización e recadación, a Lei 52/2003 introduce numerosas e profundas modificacións, entre outras, as seguintes: eliminación da obriga de presentación dos documentos de cotización con respecto a determinados réximes especiais, establecemento dunha recarga única (en lugar dos precedentes de mora e de constrinximento) e incorporación do xuro de demora.

A Lei 52/2003 entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2004, agás o establecido nos seus artigos 3, 4 e 5, que entrarán en vigor o 1 de xuño de 2004.

O artigo 5, punto 2, da Lei 52/2003 dá unha nova redacción ao punto 1 do artigo 26 da Lei Xeral de Seguridade Social, no que se dispón que:

"Presentación dos documentos de cotización e compensación:

Os suxeitos responsables do cumprimento da obriga de cotizar deberán efectuar a súa liquidación e pagamento aténdose ás formalidades ou polos medios electrónicos, informáticos e telemáticos que regulamentariamente se establezan. A transmisión das respectivas liquidacións ou a presentación dos documentos de cotización deberá realizarse dentro dos prazos regulamentariamente establecidos, aínda cando non se ingresen as cotas correspondentes ou se ingrese exclusivamente a achega do traballador. Esta presentación ou transmisión, ou a súa falta, producirán os efectos sinalados nesta lei, nas súas disposicións de aplicación e desenvolvemento.

Non será esixible, porén, a presentación de documentos de cotización en prazo regulamentario respecto das cotas dos Réximes Especiais dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos, Empregados de Fogar, cotas fixas do Réxime Especial Agrario e do Réxime Especial do Mar, cotas do Seguro Escolar e calquera outra cota fixa que se puidese establecer, sempre que os suxeitos obrigados aos que se refiran esas cotas fosen dados de alta no prazo regulamentario establecido. En tales casos, será aplicable o previsto nesta lei para os supostos nos que, existindo esa obriga, se presenten os documentos de cotización en prazo regulamentario."

O artigo 5, punto 3, da Lei 52/2003 dá unha nova redacción ao artigo 27 da Lei xeral da Seguridade Social:

"Artigo 27. Recargas por ingreso fóra de prazo.

1. Transcorrido o prazo regulamentario establecido para o pagamento das cotas á Seguridade Social, sen que estas se ingresasen e sen prexuízo das especialidades previstas para os aprazamentos, acumularanse as seguintes recargas:

1.1. Cando os suxeitos responsables do pago presentasen os documentos de cotización dentro do prazo regulamentario:

A) Recarga do  tres por cento da débeda, de aboar as cotas debidas dentro do primeiro mes seguinte ao vencemento do prazo regulamentario.

B) Recarga do 3% da débeda, de aboar as cotas debidas dentro do segundo mes seguinte ao vencemento do prazo regulamentario.

C) Recarga do 10% da débeda, de aboar as cotas debidas dentro do terceiro mes seguinte ao vencemento do prazo regulamentario.

D) Recarga do 20% da débeda, de aboar as cotas debidas a partir do terceiro mes seguinte ao vencemento do prazo regulamentario.

1.2. Cando os suxeitos responsables do pago non presentasen os documentos de cotización dentro do prazo regulamentario:

A) Recarga do 20% da débeda, de aboar as cotas debidas antes da terminación do prazo regulamentario de ingreso establecido na reclamación de débeda ou acta de liquidación.

B) Recarga do 35% da débeda, de aboarse as cotas debidas a partir da terminación dese prazo de ingreso.

2. As débedas coa Seguridade Social que teñan carácter de ingresos de dereito público e cuxo obxecto estea constituído por recursos distintos a cotas, cando non se aboen dentro do prazo regulamentario que teñan establecido incrementaranse coa correspondente recarga prevista no apartado 1.1 anterior, segundo a data de pagamento da débeda. "

O artigo 5, punto 4, da Lei 52/2003 dá unha nova redacción ao artigo 28 da Lei xeral da Seguridade Social:

"Artigo 28. Xuro de demora

1.- Os xuros de demora polas débedas coa Seguridade Social serán esixibles, en todo caso, de non aboar a débeda unha vez transcorridos quince días desde a notificación da providencia de constrinximento ou desde a comunicación do inicio do procedemento de dedución.

Así mesmo, serán esixibles estes intereses cando non se aboase o importe da débeda no prazo fixado nas resolucións desestimatorias dos recursos presentados contra as reclamacións de débeda ou actas de liquidación, se a execución destas resolucións fose suspendida nos trámites do recurso contencioso-administrativo que contra elas se interpuxese.

2.- Os xuros de demora esixibles serán os que acumulase o principal da débeda, desde o vencemento do prazo regulamentario de ingreso e os que acumulase, ademais, a recarga aplicable no momento do pagamento desde a data na que, segundo o apartado anterior, sexan esixibles.

3.- O tipo de xuro de demora será o xuro legal do diñeiro vixente en cada momento do período de esixibilidade, incrementado nun 25%, a non ser que a Lei de orzamentos xerais do Estado estableza un diferente."

Resolución do 15 de decembro de 2003 da Secretaría de Estado da Seguridade Social.

Resolución do 15 de decembro de 2003 da Secretaría de Estado da Seguridade Social, pola que se establecen prazos especiais para o ingreso das diferenzas resultantes da aplicación da Orde TAS/3581/2003, do 15 de decembro, pola que se fixan para 2003 as bases normalizadas de cotización por continxencias comúns no réxime especial da Seguridade Social para a minería do carbón.

As diferenzas de cotización resultantes da aplicación do disposto na Orde TAS/3581/2003, do 15 de decembro (BOE do 23 de decembro) respecto daquelas polas que se viñese cotizando no exercicio 2003 poderán ser ingresadas polas empresas nos prazos e na forma que a continuación se expresa:

  • No prazo que finalizará o último día do mes de marzo do ano 2004, as diferenzas de cotización correspondentes aos meses de xaneiro a abril de 2003, ambos inclusive.

  • No prazo que finalizará o último día do mes de maio do ano 2004, as diferenzas de cotización correspondentes aos meses de maio a agosto de 2003, ambos inclusive.

  • No prazo que finalizará o último día do mes de xullo do ano 2004, as diferenzas de cotización correspondentes aos restantes meses de 2003.

Bonificacións por formación profesional continua.

O artigo 8 do Real decreto 1046/2003, do 1 de agosto, polo que se regula o subsistema de formación profesional continua (BOE do 12 de setembro de 2003) establecía que as empresas que cotizan pola continxencia de formación profesional disporán dun crédito para formación continua.

O apartado 4 dese artigo dispoñía que "o crédito asignado ás empresas, nos termos sinalados no apartado anterior, actuará como límite das bonificacións que as empresas poderán efectuar nos seus boletíns de cotización á Seguridade Social...".

Na actualidade está pendente de publicación a orde ministerial pola que se regula a financiamento das accións de formación continua nas empresas e na que se determina a forma de aplicar destas bonificacións nas cotizacións da Seguridade Social.

No momento da súa publicación, informarase oportunamente no Boletín de Noticias RED sobre como cubrir estas bonificacións nos boletíns de cotización á Seguridade Social.

Beneficio pola contratación de coidadores en familias numerosas.

A Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas (BOE do 19 de novembro), introduce co artigo 9 unha nova bonificación que debe desenvolverse legal ou regulamentariamente:

"A contratación de coidadores en familias numerosas dará dereito a unha bonificación do 45 por cento das cotas á Seguridade Social a cargo do empregador, nas condicións que legal ou regulamentariamente se establezan, sempre que os dous ascendentes ou o ascendente, en caso de familia monoparental (...), exerzan unha actividade profesional por conta allea ou propia fóra do fogar ou estean incapacitados para traballar.

Cando a familia numerosa posúa a categoría especial, para a aplicación deste beneficio non será necesario que os dous proxenitores desenvolvan calquera actividade retribuída fóra do fogar...".

Cotización dos traballadores por conta propia do réxime especial agrario.

A Lei 36/2003, do 11 de novembro, de medidas de reforma económica (BOE do 12 de novembro) introduce no artigo noveno un novo punto 3 á disposición adicional trixésima sexta engadida ao texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social polo Real decreto lei do mesmo nome 2/2003 do 25 de abril. Nel exceptúanse os traballadores por conta propia incluídos no réxime especial agrario con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2004 do réxime de cotización que os equipara cos traballadores autónomos, a menos que opten por acollerse a el antes do 31 de xaneiro de 2004 (ou antes do 1 de outubro de cada exercicio para anos sucesivos).

Lei 59/2003, do 19 de decembro, de sinatura electrónica.

A lei 59/2003, do 19 de decembro (BOE do 20 de decembro) regula a sinatura electrónica, a súa eficacia xurídica e a prestación de servizos de certificación.

Tendo en conta a regulación que contén esta lei, non pode considerarse que a Tesourería Xeral da Seguridade Social é unha entidade que preste servizos de certificación. Non obstante, o certificado SILCON, emitido por esta Tesourería Xeral, necesario para acceder a calquera servizo do Sistema RED, mantén plenamente a súa validez.

Novos boletíns de cotización TC1/10 e TC1/15.

Con motivo da publicación da normativa que posibilita que os traballadores por conta propia ou autónomos coticen por accidentes de traballo e enfermidade profesional, en función da súa actividade económica (Lei 53/2002, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social) e en aplicación da Lei 45/2002, do 12 de decembro, de medidas urxentes para a reforma do sistema de protección de desemprego e mellora da ocupabilidade, que na súa disposición adicional undécima contempla a concesión de bonificacións de cotas á Seguridade Social para as persoas discapacitadas que se establezan como traballadores por conta propia, faise necesaria a modificación dos boletíns de cotización TC-1/15 (réxime especial de traballadores autónomos) e TC-1/10 (réxime especial agrario; conta propia).

A continuación detállanse as variacións que se realizaron sobre o modelo vixente na actualidade, tanto no xustificante de ingreso, como no corpo do boletín.

  • TC-1/15

    - Xustificante de ingreso:

    • Desaparece o anagrama identificativo do euro como fondo do xustificante de ingreso.

    • O literal actual "Tipo" quedará como "Tipo c. com.".

    • El literal actual "Cota" quedará como "Cota cot. comúns".

    • Debaixo das anteriores, engádese unha nova liña de recadros, deixando o espazo establecido para colocar o literal "Tipo de AT e EP" respectivamente, que terán o mesmo tamaño, tanto de alto como de ancho, ca as de Tipo e Cota correspondentes a continxencias comúns.

    • O recadro "Base de cotización" pasa a denominarse "B. cotiz. c. com. e AT/EP" y situarase entre as liñas dos recadros relativos a Tipo e Cota de continxencias e as de Tipo e Cotas relativas a AT e EP, pero sen variar o seu tamaño.

    • Inmediatamente debaixo de "Cota de AT e EP", e co mesmo tamaño que esta, engádese outro recadro destinado á consignación da "Bonificación/Subvención". Este literal colocarase á esquerda do recadro.

    • O resto dos recadros que xa figuraban colocaranse tal cal estaban, comezando xusto debaixo do novo recadro de "Bonificación/subvención".

    • Os demais datos consignados neste apartado do boletín, que non foron mencionados, non sufrirán variación ningunha.


- Corpo do boletín:

    • Desaparece o anagrama identificativo do euro como fondo do corpo do boletín.

    • O recadro co literal "Base de Cotización" pasa a denominarse "B. cotiz. c. com. e AT/EP" e desprázase cara o recadro co literal "Identificador persoa física", gardando unha distancia con esta igual á que mantén "Clave IPF" con "Identificador persoa física".

    • O recadro co literal "Cota" pasa a denominarse "Cota cont. comúns", manténdose o seu tamaño e posición.

    • Entre o recadro que pasou a denominarse "B. cotiz. c. com. e AT/EP" e a que pasou a denominarse "Cota cont. comúns" inserirase un novo recadro co literal "Bonific./subvención" que gardará con estas unha distancia igual á que mantén "Clave IPF" con "Identificador persoa física".

    • O recadro destinado a "Entidade de AT e EP", que mantén a súa posición actual, cambia de literal a "Ent. AT e EP" e diminuirá o seu tamaño e quedará igual que o recadro que para ese mesmo concepto existise no corpo do boletín TC1/20.

    • A continuación do recadro anterior, deixando a mesma separación que existe entre os recadros "Núm.Afiliación do traballador/a" e "Clave IPF", engádese un novo recadro do mesmo tamaño que o de "Ent. AT e EP" (unha vez modificada), co literal "Epíg. AT e EP".

    • Os demais datos consignados neste apartado do boletín, que non foron mencionados, non sufrirán variación ningunha.

  • TC-1/10

    - Xustificante de ingreso:

    • Desaparece o anagrama identificativo do euro como fondo do xustificante de ingreso.

    • Entre o recadro "Mellora IT" e o de "Outros ingresos" inserirase un recadro do mesmo tamaño que estes, tanto de alto como de ancho. Este recadro levará o literal "Bonificación/subvención" situado á súa esquerda. Os recadros que figuran na actualidade debaixo do que leva o literal "Mellora IT." quedarán tal e como están, pero co conseguinte desprazamento cara abaixo.

    • Os demais datos consignados neste apartado do boletín, que non foron mencionados, non sufrirán variación ningunha.

- Corpo do boletín:


    • Desaparece o anagrama identificativo do euro como fondo do corpo do boletín.

    • O recadro co literal "Base de cotización" desprázase cara á esquerda ata quedar xusto enriba do que actualmente ten o literal "Cota AT e EP" e conservará tanto o seu literal como o seu tamaño.

    • Crearase un recadro xusto enriba, respectando o espazo establecido para o literal, do que actualmente ten o literal "Cota mellora IT", co mesmo tamaño ca esta, tanto de alto como de ancho. Este recadro levará o literal "Cota cont. comúns" e quedará á mesma altura do recadro co literal "Base de cotización".

    • O recadro que actualmente ten o literal "Cota cont. comúns" cambiará este por "Cota AT e EP".

    • O recadro que actualmente ten o literal "Cota AT e EP" cambiará este por "Cota mellora IT".

    • O recadro que actualmente ten o literal "Cota mellora IT" cambiará este por "Bonificación/subvención".

    • Os demais datos consignados neste apartado do boletín, que non foron mencionados, non sufrirán variación ningunha.

Estes boletíns utilizaranse para as cotizacións que se ingresen no mes de xaneiro de 2004, no caso do TC-1/15, e as que se ingresen no mes de febreiro de 2004, no caso do TC-1/10.

Bonificacións de cotas da Seguridade Social e achegas de recadación conxunta respecto de traballadores de determinados ámbitos xeográficos.

A disposición adicional trixésimo novena da Lei 62/2003, do 30 de decembro de medidas fiscais, administrativas e da orde social, modifica a disposición adicional trixésima da Lei xeral de Seguridade Social que queda redactada nos seguintes termos:

"Os empresarios dedicados a actividades encadradas nos sectores do comercio, hostalería, turismo e industria (agás enerxía e auga) nas cidades de Ceuta e Melilla, respecto dos traballadores que presten servizos nos seus centro de traballo situados no territorio desas cidades, terán dereito a unha bonificación de ata o 40% nas súas achegas ás cotas da Seguridade Social polas continxencias comúns, así como polos conceptos de recadación conxunta de desemprego, formación profesional e Fondo de Garantía Salarial.

Así mesmo, os traballadores encadrados no réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos dedicados a actividades encadradas nos sectores do comercio, hostalería, turismo e industria (excepto enerxía e auga), que residan e exerzan a súa actividade nas cidades de Ceuta e Melilla, terán dereito a unha bonificación de ata o 40% nas súas achegas ás cotas da Seguridade Social por continxencias comúns (...)."

A data de entrada en vigor e a forma de aplicar estas bonificacións nos boletíns de cotización á Seguridade Social comunicarase oportunamente.

Bonificacións de cotas relativas a traballadores contratados como consecuencia da celebración da Copa de América.

A disposición adicional undécima da Lei 62/2003, do 30 de decembro de medidas fiscais, administrativas e da orde social establece o seguinte:

"As persoas xurídicas constituídas con motivo do acontecemento pola entidade organizadora da Copa de América 2007 ou polos equipos participantes terán unha bonificación do 100% na cotización á Seguridade Social polas continxencias comúns, a incapacidade temporal derivada delas, así como polos conceptos de recadación conxunta coas cotas de Seguridade Social, respecto dos traballadores que contraten para a realización de labores directamente relacionadas coa súa participación nese acontecemento.

No prazo de dous meses desde a entrada en vigor da lei, aprobarase por real decreto un regulamento no que se establezan os requisitos, prazos, o procedemento de concesión e medidas de control relativas a esa bonificación."

Complementary Content
${loading}