2004/7, do 30 de setembro de 2004

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

Cambio de formato do xustificante técnico de afiliación

Tal e como se anunciaba nos Boletíns de Noticias RED números 2004/5 e 2004/6, estívose traballando para que as respostas que se orixinan como resultado do procesamento das mensaxes de afiliación (xustificante técnico), e as que se xeran cando se rexeita un movemento previo no momento da súa consolidación, se xeren en ficheiro formatado (ficheiros FRA e FRE, respectivamente).

Esta nova funcionalidade implantarase o próximo luns 4 de outubro, o que significa que a partir dese día, a resposta a todos os ficheiros que se procesen e a todos os movementos previos que se rexeiten na súa consolidación, orixinarase unicamente en ficheiro formatado (non se emitirán, xa que logo, os actuais xustificantes técnicos en texto).

Lembramos que para poder procesar eses ficheiros, visualizalos e imprimilos en texto lexible, será imprescindible ter instalada a WinSuite32 versión 5.2.0 ou superior, ou desenvolver un sistema informático que trate eses ficheiros.

A partir do próximo venres 1 de outubro, estará dispoñible unha nova versión de WinSuite32 (versión 5.2.1.) que inclúe pequenas correccións á versión 5.2.0.

Lembramos tamén que a WinSuite32 se actualizará automaticamente ao realizar un envío (sempre e cando se posúa a WinSuite32 versión 5.1.1 ou superior), polo que non é necesario realizar ningunha actualización manual.

Non obstante, tamén estará dispoñible para a súa descarga na área de sóftware do Sistema RED.

Complementary Content
${loading}