2004/3, do 17 de febreiro de 2004

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

Nova transacción de afiliación.

Desenvolveuse unha nova transacción para o réxime especial da minería do carbón e para o réxime xeral, que permite o cambio do coeficiente redutor da idade de xubilación.

En afiliación en liña chamarase ATR48 - Cambio do coeficiente redutor da idade de xubilación.

En afiliación remesas creouse unha nova acción relacionada co traballador: CCX - Cambio do coeficiente redutor da idade de xubilación.

Non é necesario crear ningún campo novo, xa que todos os que require a transacción xa existen.

Os campos que se deben mecanizar son os seguintes:

    • Réxime - obrigatorio
      Segmento - EMP (só para réxime 0911 e 0111)
    • CCC - obrigatorio
      Segmento - EMP
    • NAF - obrigatorio
      Segmento - TRA
    • IPF - obrigatorio
      Segmento - TRA
    • Coef. red. idade xub. - obrigatorio
      Segmento - DAM
    • DATA REAL - obrigatorio
      Segmento - FAB
    • Impresión Ta2 - opcional
      Segmento - FAB


No campo "Coef. red. idade xub" deberá consignarse o novo coeficiente redutor da idade de xubilación.

No campo "Data real" deberá mecanizarse a data desde a que o traballador ten o novo coeficiente redutor da idade de xubilación.

  • Modificación dos xustificantes técnicos (txt)

    Como consecuencia da modificación anteriormente descrita, cómpre modificar os xustificantes técnicos (txt).

    Achégase a nova versión.


  • Entrada en funcionamento

    As modificacións descritas no punto anterior entrarán en funcionamento o 24 de febreiro.
En la siguiente tabla podrá descargarse los siguientes Documentos.
Documentos Descarga Fecha
Modelo xustificante técnico de cambio coefic. redutor idade xubilación Descargar documento Modelo xustificante técnico de cambio coefic. redutor idade xubilación. O documento abrirase nunha ventá nova.(PDF,11 KB) 29/05/2008

Modificación da formalización da cotización polos traballadores en situación de expediente de regulación de emprego por suspensión do contrato de traballo (total ou parcial)

As modificacións relativas á formalización da cotización por expedientes de regulación de emprego por suspensión do contrato de traballo (total ou parcial) anunciadas no Boletín de Noticias RED 2004/1 do 13 de xaneiro de 2004 entrarán en vigor o vindeiro 1 de marzo (período de liquidación de febreiro de 2004 ou anterior).

Lémbrase que as principais novidades destas modificacións son as seguintes:

  • A partir do 1 de marzo de 2004 REXEITARANSE todas as liquidacións L10 (expedientes de regulación de emprego parcial) ou L11 (expedientes de regulación de emprego total).

  • A cotización correspondente aos traballadores que teñan suspendido o seu contrato de traballo por un expediente de regulación de emprego (total ou parcial) reflectirase na liquidación normal da empresa (L00) e identificarase con claves de situación especial.

Aplicación das bonificacións por formación profesional continua previstas no Real decreto 1046/2003, do 1 de agosto, polo que se regula o subsistema de formación profesional continua.

O artigo 8 do Real Decreto 1046/2003, do 1 de agosto, (BOE  do 12 de setembro de 2003) polo que se regula o subsistema de Formación Profesional Continua, establece que as empresas disporán dun crédito para formación continua, que resultará de aplicar á contía ingresada pola empresa en concepto de formación profesional durante o ano anterior a porcentaxe de bonificación que anualmente se estableza na Lei de Orzamentos Xerais do Estado. Este crédito actuará como límite  das bonificacións que as empresas poderán efectuar nos seus boletíns de cotización á Seguridade Social.

A disposición adicional vixésimo quinta da Lei 61/2003, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2004, apartado DOS, establece as porcentaxes de bonificación aplicables para o ano 2004:

"As empresas que cotizan pola continxencia de formación profesional disporán dun crédito para o desenvolvemento das accións de formación continua reguladas no capítulo II do Real decreto 1046/2003, do 1 de agosto, que resultará de aplicar á contía ingresada pola empresa en concepto de formación profesional durante o ano 2003 a porcentaxe de bonificación que se establece a continuación, en función do tamaño das empresas:

    • Empresas de 6 a 9 traballadores: 90 por cento
    • De 10 a 49 traballadores: 65 por cento
    • De 50 a 249 traballadores: 52,5 por cento
    • De 250 ou máis traballadores: 42,5 por cento

As empresas dun a cinco traballadores disporán dun crédito de bonificación por empresa, en lugar dunha porcentaxe, nos termos que estableza a orde do Ministerio de Traballo e Inmigración á que se refire o artigo 8 do devandito Real Decreto.

Así mesmo, poderán beneficiarse dun crédito de formación, nos termos establecidos nesa normativa, as empresas que durante o ano 2004 abran novos centros de traballo e as empresas de nova creación. Nestes supostos, cando a determinación do crédito deba realizarse aplicando a bonificación media por traballador, tomarase como referencia para o ano 2004 unha bonificación media de 62 euros."

  • Aplicación das bonificacións

    As empresas poderán aplicar as bonificacións por formación continua a partir do boletín de cotización correspondente ao mes no que finalizase o grupo ou grupos de formación e, en todo caso, con anterioridade á data na que finaliza o prazo de presentación do boletín de cotización correspondente ao mes de decembro do mesmo exercicio económico.

    Polo tanto, estas bonificacións poderán aplicarse nos boletíns de cotización que se presenten a partir da data de entrada en vigor da orde ministerial, con independencia do mes no que finalizase o grupo ou grupos de formación, e sen que sexa preciso detallar nos documentos de cotización o mes de finalización nin as datas nas que se impartiu a formación. En todo caso, deberán aplicarse antes da finalización do prazo de presentación das liquidacións correspondentes ao mes de decembro.
    Cando os grupos de formación comprendan traballadores incluídos en diferentes códigos de conta de cotización da mesma empresa, as bonificacións pola totalidade do grupo ou grupos de formación poderán aplicarse nos boletíns de cotización de calquera código de conta de cotización.
    A continuación detállase a forma de aplicar estas bonificacións, segundo o medio de presentación (Sistema RED  ou papel -TC2 normalizado-).

    • Sistema RED

      Os usuarios do sistema RED comunicarán as bonificacións por formación profesional continua no ficheiro FAN, nun segmento totalizador (EDTCA80). Este segmento totalizador non estará asociado a datos do traballador. O importe desta bonificación acumularase no segmento EDTCA60, "Suma de bonificacións, subvencións e compensacións".

      As empresas que transmitan a través do Sistema RED a relación nominal de traballadores e efectúen o ingreso de cotas mediante documento da serie TC1 (é dicir, aquelas que non utilizan os sistemas de pagamento de cargo en conta ou pagamento electrónico, ou cuxa liquidación non resulte acredora) deberán aplicar o importe da bonificación no recadro 601 do TC1 da liquidación normal do mes que se trate.

      • Formalización do ficheiro FAN

        • Créase unha nova clave de bonificación para os datos totalizadores: CA80 "Bonificación SPEE   formación continua".

        • Esta bonificación totalizará no segmento EDTCA60 "Suma de bonificacións, subvencións e compensacións".

          CA60 = Sumatorio de EDLCD07 + EDLCD09 + EDLCD10 + EDLCD11 + EDLCD12 + EDLCD13 + EDLCD16 + EDLCD18 + EDLCD19 + EDTCA80.

        • A clave CA80 só se admitirá nas liquidacións L00.


          Achégase exemplo de ficheiro FAN.


    • TC2 NORMALIZADO 

      As empresas que non presenten a relación nominal de traballadores (TC2) a través do Sistema RED deberán aplicarse o importe das bonificacións por formación continua nun documento TC1 complementario que non levará asociado ningún documento TC2, codificado con clase de liquidación (CL) "4: COMPLEMENTARIA" e con clave de control (CC) "95: bonificacións por formación continua".

      Este documento TC1 complementario (4-95) só deberá conter o importe das bonificacións por formación continua, que se consignarán na cela 601 do TC1 (Bonifi/Subvencións). 
      O importe desta liquidación resultará sempre a percibir debéndose presentar na Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou Administración correspondente, dentro do prazo regulamentario de presentación.

      NOTA:  O documento TC1 complementario con clase de liquidación e clave de control 4-95 só deberán cubrilo as empresas que non transmitan o TC2 a través do Sistema RED
En la siguiente tabla podrá descargarse los siguientes Documentos.
Documentos Descarga Fecha
Exemplo ficheiro FAN bonificación continua Descargar documento Exemplo ficheiro FAN bonificación continua. O documento abrirase nunha ventá nova.(PDF,11 KB) 30/05/2008

Réxime da asistencia sanitaria dos funcionarios prodecentes do extinguido réxime especial de funcionarios da administración local.

O artigo 22 da Lei 52/2003 polo que se engade unha nova disposición adicional, a cuadraxésimo primeira da Lei xeral da Seguridade Social, establece que "a cobertura da asistencia sanitaria dos funcionarios procedentes do extinto réxime especial de funcionarios da Administración local, así como do persoal procedente desta última, que viñesen percibindo a prestación do Sistema Nacional de Saúde con cargo ás corporacións, institucións ou entidades que integran a Administración local, queda para todos os efectos sometida ao réxime xurídico e económico aplicable á continxencia comprendida na acción protectora do réxime xeral da Seguridade Social".

A nova disposición adicional supón que a cotización das corporacións locais que teñan un concerto subscrito entre a asistencia sanitaria e a Tesourería Xeral da Seguridade Social deixan de cotizar por el e pasan a cotizar pola devandita prestación do mesmo xeito que os empresarios non excluídos.

Isto implica que estas corporacións locais, a partir do 1 de xaneiro de 2004, deben cotizar polas continxencias de asistencia sanitaria e prestación farmacéutica, das cales estaban excluídas ata esa data, e deixan de cotizar polo concepto de asistencia sanitaria concertada. Para iso procedeuse a dar de baixa, con data de efecto o 31 de decembro de 2003, todos os códigos de conta de cotización do réxime 3011 correspondentes á asistencia sanitaria concertada MUNPAL.


As corporacións locais que teñan subscrito concerto de asistencia sanitaria con entidades privadas continúan a súa cotización como ata agora.

Liquidacións complementarias con período de liquidación múltiple que non conteñen datos dalgún dos meses comprendidos no período de liquidación.

Detectouse que se están a remitir liquidacións complementarias con período de liquidación múltiple que non contén datos nalgún  dos meses comprendidos dentro do período de liquidación, o que está a orixinar problemas en recadación.

Por iso, todas as liquidacións que conteñan un segmento EMP con período múltiple e non teñan segmentos DAT para todos os meses comprendidos no período de liquidación procesaranse con erros e rexeitarase a solicitude de cargo en conta, pagamento electrónico ou saldo acredor.

Exemplos:

  • Exemplos de formalización INCORRECTA:

    Exemplo 1:

    Exemplo 1 ficheiro fan liquidación incorrecta


    Neste suposto, a formalización é incorrecta xa que o período de liquidación comprende os meses de xaneiro e febreiro de 2004 e, non obstante, non existe ningún traballador con segmento DAT correspondente a xaneiro de 2004.

    A forma correcta de formalizar este suposto é que o período de liquidación do segmento EMP só correspondese ao mes de febreiro 20040202.


  • Exemplos de formalización CORRECTA:

    Exemplo 2:

    Exemplo 2 ficheiro fan liquidación correcta


    Exemplo 3:

    Exemplo 3 ficheiro fan liquidación correcta


    Estes supostos están formalizados correctamente xa que existe polo menos un segmento DAT para cada un dos meses comprendidos no segmento EMP.

Modificación do Real decreto 1451/1983, do 11 de maio, polo que en cumprimento do previsto na Lei 13/1982, do 7 de abril, se regula o emprego selectivo e as medidas de fomento do emprego dos traballadores minusválidos.

O Real decreto 170/2004, do 30 de xaneiro (BOE do 31 de xaneiro) polo que se modifica o Real decreto 1451/1983, do 11 de maio, polo que se regula o emprego selectivo e as medidas de fomento do emprego dos traballadores discapacitadas, en cumprimento do previsto na Lei 13/1982, do 7 de abril, introduce as seguintes modificacións:

  • Foméntase a contratación indefinida de mulleres con discapacidade mediante bonificación do 100 por cen ou do 90 por cen, por cada muller discapacitada contratada (segundo sexa ou non menor de 45 anos), nas cotas empresariais da Seguridade Social, incluídas as de accidente de traballo e enfermidade profesional e as cotas de recadación conxunta.

    Mantéñense as actuais bonificacións do 70 por cen e do 90 por cen para os casos de contratación dun traballador varón con discapacidade.


  • Simplifícanse os requisitos e formalidades esixibles ás empresas ordinarias de nova creación para poder acollerse ás subvencións ou bonificacións do Real decreto e unifícanse cos aplicables ás empresas xa existentes.

    Concretamente, suprímese o requisito establecido no artigo 8 do Real decreto 1141/1983, do 11 de maio, segundo o cal as empresas de nova creación non podían contar no seu cadro de persoal con máis do 51 por cen dos traballadores discapacitados para acceder ás subvencións e bonificacións previstas no propio real decreto.


  • A outra modificación importante que se introduce no Real decreto 1451/1983, do 11 de maio, é a relativa ás axudas para a adaptación dos postos de traballo co fin de que se eliminen barreiras ou obstáculos que impidan ou dificulten o traballo dos traballadores con discapacidade.

    Se ben a norma vixente ata agora non especificaba se as axudas se aplicaban tanto a contratos de carácter indefinido como temporal, o certo é que na maioría dos casos estas axudas viñan limitándose aos supostos de contratacións indefinidas.

    A partir de agora aclárase o suposto e establécese expresamente que poden concederse as axudas con independencia de que o vínculo entre o traballador discapacitado e a empresa sexa de carácter indefinido ou temporal –se ben neste segundo suposto debe tratarse dun contrato temporal de fomento do emprego (actualmente regulado na Lei 42/1994 do 30 de decembro)– dun contrato para a formación ou en prácticas (regulados no artigo 11 do Estatuto dos traballadores) ou dun contrato de duración determinada (dos contemplados no artigo 15 do Estatuto dos traballadores) e sempre que, en todos os casos, a duración do contrato sexa igual ou superior a doce meses.

    Por outra banda, estas axudas de adaptación dos postos non quedan xa só vinculadas a evitar a sinistralidade, senón á propia accesibilidade ao emprego dos traballadores con discapacidade.


Tanto no ámbito de afiliación como no de cotización, non se require realizar ningunha modificación nos ficheiros AFI e FAN para identificar o incremento da porcentaxe da bonificación previsto para as mulleres discapacitadas. Estas bonificacións deberán transmitirse co mesmo código que ata agora (código CDO7: bonificacións a cargo do SPEE).

Nova Winsuite32

Desenvolveuse unha nova WinSuite para Windows de 32 bits (Windows 9X, NT, 2000 e XP). Esta versión de 32 bits denomínase WinSuite32. A nova aplicación estará a disposición dos usuarios xunto coa versión 4.6 de WinSuite. Recoméndase a migración a este novo sóftware o máis axiña posible, xa que a versión actual de WinSuite deixará de manterse a partir da versión 4.7.

WinSuite32 presenta importantes vantaxes con respecto á antiga WinSuite; entre elas cabe destacar:

  • Instalación integrada dos programas RedCom e WinSuite32: Evítase ter que instalar e realizar modificacións en dúas aplicacións.

  • Actualización automática de versións: WinSuite32 comproba automaticamente durante o proceso de envío (tanto de cotización como de afiliación) a existencia de novas actualizacións, que se descargan de forma automática.

  • Nova imaxe: Conseguiuse un aspecto máis atractivo que facilita o manexo da aplicación.

  • Nova axuda: Elaborouse unha nova versión da axuda, que ademais de fornecer de resolver as dúbidas do usuario, permite coñecer con detemento o funcionamento de WinSuite32.

  • Simplificación do proceso de impresión do recibo de liquidación de cotizacións: De xeito análogo á impresión dos documentos da serie TC2, posibilítase a selección dos recibos de liquidación de cotizacións por período de presentación e permite a selección da impresión por CCC ou razón social.

  • Posibilidade de exportar a formato PDF (Acrobat): Esta nova versión de WinSuite32 permite exportar algúns dos informes (documentos TC2, recibos de liquidación de cotizacións e documentos ITA) a calquera directorio do seu ordenador en formato PDF, de tal forma que posteriormente poidan ser remitidos por correo electrónico á persoa que desexe.

  • Migración da antiga WinSuite a WinSuite32: A transición entre unha versión e outra resulta transparente. O proceso de migración automático permite que o usuario poida traballar con WinSuite32 con toda a información que tiña en WinSuite sen ter que realizar ningún proceso manual.

  • Instalación en rede: Mellórase a instalación en rede de WinSuite32, permitindo a súa utilización tanto nos clientes como no propio servidor.

  • Consulta de envíos: Esta nova utilidade permite asociar os ficheiros enviados coas respostas da Tesourería Xeral da Seguridade Social. Tamén inclúe criterios de consulta por data e por NIF, así como por tipo de ficheiros enviados.

Nova versión de WinSuite 4.6

Nun próximo boletín de noticias informarase sobre o calendario de distribución da nova versión de WinSuite (4.6), así como de WinSuite32.

Tanto a nova versión de WinSuite (4.6) como WinSuite32 contemplarán as modificacións previstas neste boletín de Noticias RED:

  • Cambio do coeficiente redutor da idade de xubilación

  • Adaptación ás novas normas de formalización da cotización por traballadores con contrato suspendido por expediente de regulación de emprego.

  • Validación de liquidacións con período de liquidación múltiple que non conteñan datos de todos os meses comprendidos no período de liquidación.

  • Adaptación ás normas de aplicación das bonificacións por formación continua.


En tanto non se efectúe a distribución da actualización de WinSuite, deberase ter en conta o seguinte:

  • Ámbito de afiliación

    A partir do día 24 de febreiro (data de entrada en funcionamento da nova transacción de afiliación de cambio do coeficiente redutor da idade de xubilación), todos os movementos que requiran a consignación da nova transacción "Cambio coeficiente redutor da idade de xubilación" que non se contemplan na versión actual poderanse realizar sen problemas a través da afiliación en liña.

    Ademais, se nos programas de nómina e xestión de persoal se levan a cabo eses cambios, poderase realizar a afiliación a través de remesas.

    Neste suposto, de mecanizarse a nova acción, WinSuite dará un erro no número de versión de sintaxe de mensaxe e emitirá ademais o erro "Erro valor": Acción do traballador (4210).

    Eses erros non impedirán o envío dos ficheiros, xa que se permite aplicar os movementos no ficheiro xeral de afiliación.

    Por último, non se poderá utilizar o módulo de xeración de ficheiros AFI para realizar cambios do coeficiente redutor da idade de xubilación desde WinSuite ata que non se realice a súa actualización.


  • Ámbito de cotización

    Todos os ficheiros que conteñan os novos valores no campo 1110 do ficheiro FAN creados para identificar a cotización por traballadores en situación de expedientes de regulación de emprego, serán validados co seguinte erro pola versión actual de WinSuite "Erro valor campo Outros (2868)".

    A pesar destes erros, deberase realizar a transmisión do ficheiro, xa que estas modificacións si estarán contempladas no noso sistema central, polo que o ficheiro será procesado correctamente.

    A versión actual de WinSuite non informará de erros se se transmiten liquidacións do tipo L10 (expediente de regulación de emprego parcial) e L11 (expedientes de regulación de emprego total). Non obstante, a partir do 1 de marzo de 2004, estas liquidacións REXEITARANSE no sistema central.
Complementary Content
${loading}