Dende o 1 de xaneiro de 2007, dado que a cotización por AT e EP se realiza segundo a actividade económica da empresa e nalgúns casos pola ocupación do traballador na mesma, nas altas dos traballadores non pode mecanizarse o campo ‘Epígrafe’.
Ata agora se mantivo ese campo para cando houbera que mecanizar altas anteriores ao 1 de xaneiro de 2007. A partir de agora as altas anteriores a esa data que deban presentarse, non poderán mecanizarse a través do Sistema RED senón que haberá que presentalas nas Administracións da Tesourería Xeral da Seguridade Social. Por iso, eliminouse totalmente o campo ‘Epígrafe’ das transaccións do Sistema RED.