Prestación por Desemprego de Nivel Contributivo

Procedemento

Procedemento de Prestación por Desemprego de Nivel Contributivo

Información Xeral


Obxecto:

É unha prestación económica que se outorga a aqueles traballadores do mar que  podendo e querendo traballar, perden o seu emprego ou ven reducida temporalmente a súa xornada ordinaria de traballo, polo menos nunha terceira parte, en virtude dun expediente de regulación de emprego sempre que o salario sexa reducido na mesma proporción.

Beneficiarios:

Todos os traballadores por conta allea, tanto os retribuídos a salario coma os retribuídos á parte, que teñan previsto cotizar pola continxencia de Desemprego.

Requisitos:
  • Afiliado á Seguridade Social e en situación de alta ou asimilada á de alta.
  • Encontrarse en situación legal de desemprego.
  • Acreditar dispoñibilidade para buscar activamente emprego e para aceptar colocación adecuada a través da subscrición do compromiso de actividade.
  • Ter cotizado un período mínimo de 360 días dentro dos seis anos anteriores á situación legal de desemprego ou ao momento en que cesou a obriga de cotizar.
  • Non ter feito a idade ordinaria para causar dereito á pensión de xubilación.
Contías:
  • 70% da Base Reguladora durante os 180 primeiros días.
  • 50% da Base Reguladora durante o resto da prestación.

A contía da prestación, en ningún caso, poderá ser superior ou inferior a uns importes establecidos.

Duración da Prestación:

Calcúlase en función do período de ocupación cotizada nos últimos 6 anos.

Máis información sobre duración da prestación

Prazos:

Nacemento do dereito:

  • Dende o día seguinte ao da situación legal de desemprego, cun prazo de solicitude de 15 días.
  • Se se solicita fóra de prazo, o dereito nace a partir da solicitude. Perderanse tantos días de prestación como medien entre a data en que se debería ter solicitado e a data real de solicitude.
  • Se non se tivesen gozado as vacacións anuais retribuídas, deberá solicitarse nos 15 días seguintes á finalización destas.
  • Se existe un período que corresponda a salarios de tramitación, o nacemento do dereito comezará ao finalizar este período.

Nos dous últimos casos, os períodos citados deberán constar no Certificado de Empresa.

Máis información sobre prazos

Impresos:
Documentación:
  • Solicitude de Prestación por Desemprego no modelo normalizado.
  • Documento acreditativo  da Situación Legal de Desemprego.
  • Identificación do solicitante e fillos que conviven ou están ao seu cargo que figuren na solicitude, mediante documentación orixinal e en vigor.
  • Identificación dos fillos que non residen en España e acreditación da súa situación laboral.
  • Calquera outro que, de acordo coa normativa vixente, indique o Centro do  ISM  como necesario para o recoñecemento da prestación por desemprego en cada caso particular


Máis información sobre documentación

Onde tramitalo:

No Centro do Instituto Social da Mariña que lle corresponda polo seu domicilio ou por Internet, a través da sede electrónica do SEPE, no seguinte enderezo https://sede.sepe.gob.es/contenidosSede/generico.do?pagina=/sede_virtual/sv00A.html

Outros datos de interese:
 
Complementary Content
${loading}