Prestación por Desemprego de Nivel Asistencial (Subsidio)

Procedemento

Procedemento de Prestación por Desemprego de Nivel Asistencial (Subsidio)

Información Xeral


Obxecto:

É unha prestación económica dirixida aos parados que cumpran:

  • Figurar inscrito como demandante de emprego durante un mes, sen rexeitar oferta de emprego axeitada, nin negarse a participar, agás causa xustificada, en accións de promoción, formación ou reconversión profesional.
  • Carecer de rendas de calquera natureza superiores, en cómputo mensual, ao 75% do Salario Mínimo Interprofesional vixente, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.

Ademais, deberán encontrarse nalgunha das situacións que o acreditan como beneficiario da prestación.

Beneficiarios:
  • Traballadores que esgotaron a prestación contributiva por desemprego e teñen responsabilidades familiares.
  • Traballadores emigrantes retornados.
  • Traballadores maiores de 45 anos que esgotaron prestación por desemprego e non tivesen responsabilidades familiares.
  • Traballadores maiores de 55 anos.
  • Traballadores que, ao producirse a situación legal de desemprego, non cubriron o período mínimo de cotización para acceder a unha prestación contributiva.
  • Traballadores que sexan declarados plenamente capaces ou inválidos parciais como consecuencia de expediente de revisión por melloría dunha situación de grande invalidez, invalidez permanente absoluta ou total para a profesión habitual.
  • Liberados de prisión e en remisión de condena por desintoxicación.

Máis información sobre beneficiarios

Contías:

 

Máis información sobre contías

Prazos:
  • Dende o día seguinte á finalización do mes de espera, se é o caso, sempre que se solicite no prazo dos 15 días seguintes á terminación deste.
  • Se se solicita fóra de prazo, tanto o dereito como  a prestación nacen a partir da solicitude.
  • O subsidio especial para parados de longa duración nacerá ao día seguinte de esgotarse a prestación.

Máis información sobre prazos

Impresos:
Documentación:
  • Solicitude do subsidio no modelo normalizado.
  • Identificación do solicitante, cónxuxe e fillos ao seu cargo que figuren na solicitude, mediante documentación orixinal e en vigor:

    • Españois: Documento Nacional de Identidade (DNI).
    • Estranxeiros residentes en España: Para os efectos de identificación: Tarxeta de Identidade de Estranxeiro (TIE ) ou documento identificativo no seu país de orixe se é nacional dun país pertencente ao Espazo Económico Europeo ou Suíza. En todo caso o Número de Identificación de Estranxeiros (NIE).
    • Libro de Familia, ou documento equivalente no caso de estranxeiros.
    • Certificado do grao de discapacidade expedido polo Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO ) ou o órgano da Comunidade Autónoma correspondente, ou resolución do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas ou de Defensa que recoñeza a condición de pensionista por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, ou de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
    • Resolución xudicial ou escrito de formalización do acollemento no que conste o consentimento da Entidade Pública que en cada territorio teña encomendada a protección de menores, e data de efectos do acollemento.
    • Sentenza e/ou convenio regulador, en caso de separación ou divorcio.
  • Para outros casos particulares pode consultar a documentación adicional necesaria.
  • Calquera outra documentación que, de acordo coa normativa vixente, indique o Centro do ISM.
Onde tramitalo?:

No Centro do Instituto Social da Mariña que lle corresponda polo seu domicilio ou por Internet, a través da sede electrónica do SEPE, no seguinte enderezo https://sede.sepe.gob.es/contenidosSede/generico.do?pagina=/sede_virtual/sv00A.html

Outros datos de interese:
Complementary Content
${loading}