Convenio especial dos emigrantes españois e fillos destes retornados.

Procedimiento

[D] 
Procedemento de solicitude do Convenio especial dos emigrantes españois e fillos destes retornados

Información Xeral


Obxecto:

O obxecto deste Convenio Especial é cubrir as bases de cotización correspondentes ás continxencias de xubilación, incapacidade permanente e morte e supervivencia.

Beneficiarios:

Os emigrantes españois e os fillos destes que posúan a nacionalidade española, sexa cal fose o país no que traballen, no momento do seu retorno a territorio español, sempre que non estean incluídos obrigatoriamente nalgún réxime público de protección social en España.

Impreso:

Modelo TA-0040

Documentación:

Orixinal e copia do documento de identificación:

  • Documento Nacional de Identidade,Tarxeta de Estranxeiro ou Pasaporte, segundo o caso.
  • Certificado expedido pola Delegación ou Subdelegación de Goberno da provincia de residencia do solicitante.
Onde tramitalo:

Ante a Dirección Provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou Administración correspondente ao domicilio do solicitante. Se dispón de certificado dixital pode acceder á Sede Electrónica e remitir telematicamente o modelo de solicitude e a documentación requirida a través do trámite Alta en Convenio Especial, situado na Sede Electrónica da Seguridade Social.

Prazos:
  • Calquera momento posterior á data de retorno sen que resulte esixible o cumprimento de ningún prazo.
  • Os familiares, dende o día seguinte á data do falecemento do causante, do retorno se falece no estranxeiro.
Efectos:

Ten efectos a partir do primeiro día do mes seguinte á data de presentación da solicitude.

Requisitos:
  • Ser emigrante retornado ou fillo de emigrante.
  • Ter nacionalidade española.
  • Non estar incluído obrigatoriamente nalgún réxime público de protección social en España.
Extinción:

Causas de extinción:

  • Falta de aboamento das cotas correspondentes a tres mensualidades consecutivas ou cinco alternativas.
  • Quedar comprendido o interesado no campo de aplicación de calquera Réxime da Seguridade Social.
  • Adquirir a condición de pensionista de xubilación ou incapacidade permanente.
  • Decisión do interesado comunicada por escrito á Tesourería Xeral da Seguridade Social.
  • Por falecemento do interesado.
Outros datos de interese:
Complementary Content
${loading}