Convenio especial para os emigrantes españois e fillos destes que traballen no estranxeiro, e segrares, misioneiros e cooperantes

Procedimiento

Información Xeral


Obxecto:

Cubrir as bases de cotización correspondentes ás continxencias de xubilación, incapacidade permanente e morte e supervivencia.

Beneficiarios:

Os emigrantes españois e fillos deles que posúan a nacionalidade española, con independencia de que con anterioridade estivesen ou non afiliados á Seguridade Social española, e independentemente do país no que traballen e do que ese país teña ou non subscrito con España acordo ou convenio en materia de Seguridade Social.

Os segrares, misioneiros e cooperantes dependentes da Conferencia Episcopal, Diocese, Ordes, Congregacións e outras institución relixiosas así como de organizacións non gobernamentais, que teñan nacionalidade española e que sexan enviados polas súas respectivas organizacións ou institucións aos países estranxeiros, sen mediar relación laboral con elas.

Os españois que, sen estar previamente afiliados ao sistema da Seguridade Social, participen no estranxeiro en programas formativos ou de investigación de forma remunerada, calquera que sexa o concepto ou a forma da remuneración que perciban, sen quedar vinculados por unha relación laboral, os cales terán a consideración de emigrantes para os sós efectos da subscrición desta modalidade de convenio especial. (Orde TIN 3356/2011, do 30 de novembro).

Impreso:

Modelo TA-0040 e TA-1.

Documentación:

Orixinal e copia:

  • Do Documento Nacional de Identidade, Tarxeta de Estranxeiro ou Pasaporte
  • De permiso de traballo ou de estancia, expedida polas autoridades correspondentes do país de inscrición, compulsada pola Consellaría de Emprego e Seguridade Social, ou polo Consulado español do devandito país, ou documento acreditativo.
  • do certificado de traballo expedido pola empresa, compulsado e traducido pola embaixada
  • do certificado de residencia expedido pola embaixada.
Onde tramitalo:

Ante a Dirección Provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social de Madrid. Se dispón de certificado dixital pode acceder á Sede Electrónica e remitir telematicamente o modelo de solicitude e a documentación requirida a través do trámite Alta en Convenio Especial, situado na Sede Electrónica da Seguridade Social.

Prazos:

Non se esixe prazo ningún para presentar a solicitude, pódese presentar en calquera momento.

Efectos:

Ten efectos a partir do primeiro día do mes seguinte á data de presentación da solicitude.

Requisitos:

Ter nacionalidade española.

Máis información sobre requisitos

Extinción:

Causas de extinción:

  • Falta de aboamento das cotas correspondentes a dous trimestres consecutivos.
  • Quedar comprendido o interesado no campo de aplicación de calquera Réxime da Seguridade Social. 
  • Adquirir a condición de pensionista de xubilación ou incapacidade permanente.
  • Por decisión do interesado comunicada por escrito á Tesourería Xeral da Seguridade Social.
  • Por falecemento do interesado.
Outros datos de interese:
  • O ingreso de cotas efectuarase por trimestres vencidos dentro do mes seguinte ao vencemento do trimestre natural. A base de cotización aplicable será a mínima que en cada momento corresponda aos traballadores maiores de dezaoito anos do Réxime Xeral. Sobre ela aplicarase o tipo de cotización vixente neste Réxime e, ao resultado, aplicaráselle o coeficiente que a tal efecto estea establecido, constituíndo o resultado, a cota a ingresar. 
  • Este convenio especial está regulado polo artigo 15 da Orde TAS/2865/2003, do 13 de outubro , modificado pola Orde TAS/819/2004 do 12 de marzo (BOE do 31).
Complementary Content
${loading}