2005/7 do 19 de xullo de 2005

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

Nova versión de WinSuite32

A partir do próximo 19 de xullo estará dispoñible a nova versión de WinSuite32 (versión 5.4.1).

Lémbrase que a WinSuite32 se actualizará automaticamente ao realizar un envío, polo que non é necesario realizar ningunha actualización manual.

Non obstante, tamén estará dispoñible para a súa descarga na área de sóftware do Sistema RED.

A WinSuite32 5.4.1 conterá as seguintes funcionalidades:


  • Novo botón de exportación para impresión de respostas do INSS, que permite gardar os ficheiros *.FRI en formato texto.

  • Nova axuda.

    Actualizouse o contido da axuda de WinSuite32 para tratar de facilitar a súa descarga e actualización no futuro. Déuselle unha nova estrutura:

    Con esta nova estrutura o usuario non necesitará descargarse o ficheiro "ayuda.exe" da área de sóftware cada vez que saia unha nova versión da axuda, como se viña facendo ata agora, senón que coa actualización que se realice de forma automática da WinSuite32, o usuario terá actualizada a súa axuda.

    Excepcionalmente e con motivo da nova estrutura da axuda, ao actualizar a nova versión 5.4.1, deberanse seguir os seguintes pasos para ter esta axuda integrada na WinSuite32:

    • Unha vez actualizada a WinSuite32 de forma automática, deberá entrar na área de sóftware do Sistema RED e descargarse o ficheiro da actualización da axuda (ayuda.exe).

    • Este ficheiro deberase copiar no directorio inicial de WinSuite32 (o mesmo onde se atopa o programa "winsuite.exe") e executalo neste directorio.

    • A continuación executarase a WinSuite32.

A versión completa da WinSuite32 (5.4.1), que se encontra para a súa descarga na área de sóftware do Sistema RED, levará integrada a nova axuda, polo que os usuarios que realicen esta instalación non deberán descargarse o novo ficheiro de axuda.

Con esta nova versión (5.4.1) de WinSuite32, o usuario traballará cunha das dúas axudas, ben coa antiga axuda (mentres non se descargue a nova) ou ben coa nova versión da axuda, unha vez que a descargue. Na seguinte versión de WinSuite32, só permanecerá activa a nova axuda. Para poder empregar a axuda nas versións seguintes, o usuario deberá descargarse o ficheiro "ayuda.exe", que estará dispoñible na área de descargas.


  • Desinstalador de WinSuite32.

    Incorporouse con esta versión da WinSuite32 a posibilidade de que o usuario desinstale a aplicación de WinSuite32 mediante a utilidade asociada ao ficheiro "WsUnInstall32.exe". Executándoo daralle ao usuario a posibilidade de eliminar os ficheiros que conteña o cartafol "Winsuite32".

    Existen unha serie de elementos asociados ao programa que son "instalados" tras a primeira execución da aplicación (creación de directorios?). Estes elementos necesitan ser "desinstalados manualmente", como "cendar.tgb", "seguimie.rec", os directorios INSS, INTERNET, VIPTC2, etc. xa que poden conter información particular dos usuarios. A utilidade de desinstalación advertiralle ao usuario, mediante unha mensaxe emerxente, dos elementos que non se eliminen.

Modificación de manuais

  • Apartado de cotización

    • Instrucións técnicas

      Desde xaneiro de 2002, a referencia 1230, cuxo contido corresponde á categoría profesional, é un campo non empregado en cotización, polo que se modifica e pasa a reservado. Esta modificación afectará ao ficheiro FAN e ao ERR (ficheiro de resposta de cotización).


  • Apartado de afiliación

    • INSS

      Actualizouse o Manual de usuario de xestión en liña de partes de incapacidade temporal.
Complementary Content
${loading}