Requisitos técnicos

Soporte físico

Ordenador: O Sistema RED  require a utilización dun ordenador persoal. Debe ter as seguintes características mínimas:

  • Procesador tipo Core Duo ou similar.
  • 4 Gb de memoria RAM.
  • Aproximadamente 100 Mb  dispoñibles de disco duro.
  • Pantalla VGA ou superior.
  • Teclado estándar 101/102.

Conexión a Internet: No caso de usar proxy con autenticación, requírese que esta sexa de "Autenticación Básica"

Soporte lóxico

Sistema Operativo Windows de 32 Bits / 64 Bits

  • Windows 7 ou superior. A TGSS non garante un correcto funcionamento con outras versións anteriores de Windows.

Acrobat Reader 8.5 ou superior.

Navegador de Internet: Programa que permite transitar pola rede. Fornece unha interface gráfica interactiva para buscar, localizar, ver e administrar a información a través do web. O navegador é indispensable á hora de conectarse, pois funcionan como ventás que amosan a información contida nas páxinas dun servidor Web.

Os navegadores soportados actualmente son:

  • Internet Explorer 8 ou superior.
  • Mozilla Firefox
  • Google Crhome
  • Edge

Máquina virtual Java (JRE 1.8 ou superior)

A máquina virtual de Java (en inglés Java Virtual Machine, JVM) é un programa nativo, é dicir, executable nunha plataforma específica, capaz de interpretar e executar instrucións expresadas nun código binario especial (o  Java bytecode), o cal é xerado polo compilador da linguaxe Java. 

As versións de soporte lóxico soportadas son:

  • JAVA Oracle  1.7 ou superior (última versión probada 1.8.91 (do 19 de abril de 2016), algunhas combinacións de versións anteriores poden experimentar problemas de lentitude ou non funcionamento, polo que en caso de problemas se recomenda actualizar á versión 1.8.91. 
Programas proporcionados pola TGSS

SILTRA: Aplicación de escritorio para plataformas PC  e para ámbitos Windows, ofrecida de forma gratuíta pola TGSS, que permite o intercambio de ficheiros de cotización (formato XML

Complementary Content
${loading}