Pensión de Incapacidade Permanente

Procedemento

[D]

Procedemento da pensión de Incapacidade permanente

Información xeral

Obxecto:

É unha prestación económica que trata de cubrir a perda de ingresos que sofre un traballador cando por enfermidade ou accidente ve reducida ou anulada a súa capacidade laboral.

Beneficiarios:

As persoas incluídas en calquera réxime da Seguridade Social que reúnan os requisitos esixidos para cada grao de incapacidade.

Graos:
  • Parcial para a profesión habitual: Ocasiona ao traballador unha diminución non inferior ao 33% no rendemento para a devandita profesión.
  • Total para a profesión habitual: Inhabilita o traballador para a súa profesión habitual pero pode dedicarse a outra distinta.
  • Absoluta para todo traballo: Inhabilita o traballador  para toda profesión ou oficio.
  • Grande invalidez: Cando o traballador incapacitado permanente necesita a asistencia doutra persoa para os actos máis esenciais da vida.
Requisitos:

Dependendo do grao de incapacidade, esíxense uns requisitos xerais e de cotización. Se a incapacidade deriva de accidente sexa ou non de traballo ou de enfermidade profesional non se esixen cotizacións previas.

Contía:

Está determinada pola base reguladora e a porcentaxe que se aplica segundo o grao de incapacidade permanente recoñecido.

  • Incapacidade permanente parcial, consiste nunha indemnización a tanto alzado (24 mensualidades da base reguladora que serviu para o cálculo da incapacidade temporal).
  • Incapacidade permanente total, 55% da base reguladora. Incrementarase un 20% a partir dos 55 anos cando por diversas circunstancias se presuma a dificultade de obter emprego en actividade distinta á habitual.
  • Incapacidade permanente absoluta, 100% da base reguladora.
  • Grande invalidez, obtense aplicando á base reguladora a porcentaxe correspondente á incapacidade permanente total ou absoluta, incrementada cun complemento.
Efectos económicos:
Pagamentos:

Cando a pensión deriva de enfermidade común ou accidente non laboral abóase en 14 pagas (mensualmente con dúas pagas extraordinarias).
Se deriva de accidente de traballo ou enfermidade profesional abóase en 12 mensualidades, xa que as pagas extraordinarias están rateadas nas mensualidades.

Revalorízase anualmente e ten garantidas contías mínimas mensuais.  A pensión está suxeita ao imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF), estando exentas de retención do imposto, as pensións por incapacidade permanente absoluta e grande invalidez.

Compatibilidades / Incompatibilidades:
  • Incapacidade permanente parcial: É compatible con calquera traballo incluído que viñese desenvolvendo.
  • Incapacidade permanente total: Compatible con calquera traballo excluído o desempeño do mesmo posto na empresa. 
  • Incapacidade permanente absoluta e grande invalidez: Pode realizar actividades compatibles co seu estado. A partir da idade de acceso á xubilación, é incompatible co traballo por conta propia ou allea.

En todos os casos, se se realizan traballos susceptibles de inclusión nalgún dos réximes da Seguridade Social, existe obriga de cursar a alta e cotizar, debendo comunicalo á entidade xestora.

Prazos:

A dirección provincial do INSS o do ISM, se é o caso, ditará resolución nun prazo máximo de 135 días. Cando non se dite resolución nese prazo, entenderase desestimada a solicitude por silencio administrativo negativo.

Se é necesario o trámite de audiencia ou se pide documentación complementaria, o interesado dispoñerá de 10 días para presentar alegacións ou presentar a documentación. Tamén 10 días para alegacións do empresario cando é responsable por falta de medidas de seguridade e hixiene.

Suspensión / Extinción:

A pensión pode extinguirse por revisión da incapacidade declarada, por recoñecemento da pensión de xubilación cando se opte por esta e por falecemento do pensionista. Tamén pode ser suspendida.

Impresos:

Solicitude da pensión de incapacidade permanente.

Documentación:

A documentación que debe presentar para o trámite da pensión está detallada no modelo de solicitude.

Onde se tramita:

Na dirección provincial do INSS ou do ISM, se é o caso, onde teña o seu domicilio o interesado, agás cando resida no estranxeiro que o trámite se realizará na dirección provincial do INSS da provincia onde  acredite as últimas cotizacións en España. En caso de ser competente o ISM, estarase  á distribución territorial deste.

Entidade competente:
  • Para declarar a situación de incapacidade permanente: as direccións provinciais do INSS a través dos equipos  de valoración de incapacidades (EVI), en todas as fases do procedemento
  • Para a xestión e pagamento da incapacidade permanente: a entidade responsable que corresponda (INSS, ISM ou Mutua). 
Outros datos de interese:

Revisión: A situación de incapacidade pode revisarse por agravación, melloría, erro de diagnóstico ou pola realización de traballos, mentres o inválido non faga a idade de acceso á xubilación, podendo dar lugar á confirmación ou modificación do grao ou á extinción da incapacidade e polo tanto da pensión.

As pensións de incapacidade permanente pasan a denominarse pensións de xubilación, cando os seus beneficiarios fan os 65 anos.

Cando o motivo da incapacidade sexa un accidente de traballo ou enfermidade profesional e se determinase a responsabilidade empresarial, a prestación económica terá un aumento, segundo a gravidade da falta, dun 30 a un 50 por 100.

En Cataluña as funcións dos EVI realízaas o Instituto Catalán de Avaliación de Incapacidades e a Comisión de Avaliación de Incapacidades.

Preguntas máis frecuentes

Complementary Content
${loading}