Procedemento do Convenio especial para a formación. Real Decreto 1493/2011, do 24 de outubro

A continuación preséntase o procedemento xeral

Quen pode solicitalo?

  • Persoas que o día 1.11.2011 estean a recibir cursos de formación con prestación económica ou os recibisen con anterioridade.
  • Persoas que participasen en programas de formación investigadora antes do 4 de novembro de 2003.

Cando ten que presentalo?

Dende o 1.11.2011 e ata o 31.12.2014. (*)

(*) Recoñeceranse como asimilados á alta os períodos de formación realizados anteriores ao 01/11/2011 e ata 2 anos como máximo.

Que trámites se teñen que realizar?

Presentar o modelo |TA-0040 Formación e os certificados acreditativos dos períodos de formación.

Onde se tramita?

Vía Presencial:

Ante a Dirección Provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou Administración correspondente ao domicilio do solicitante.

Vía telemática:

A través da Sede Electrónica, se dispón dun certificado dixital.

Complementary Content
${loading}