Procedemento de Protección por Cesamento de Actividade

A continuación preséntase o procedemento xeral

Que é a prestación por cesamento de actividade?

É unha  protección que comprende o aboamento dunha prestación económica mensual por cesamento de actividade e a cotización á Seguridade Social por continxencias comúns.

Quen pode solicitalo?

Todos os traballadores do Mar por conta propia e Armadores asimilados a traballadores por conta allea que teñan cubertas as cotizacións profesionais e a de cesamento de actividade polo Instituto Social da Mariña.

Que trámites se teñen que realizar?

Deberase cubrir a Solicitude de Prestación por Cesamento de Actividade e acompañarse da documentación acreditativa requirida.

Onde se tramita? 

Nas Direccións Provinciais e Oficinas do Instituto Social da Mariña do seu ámbito xeográfico.

Complementary Content
${loading}