2003/1 do 16 xaneiro de 2003

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

Novo sistema de ingreso de cotas á Seguridade Social no marco do Sistema RED: cobro por portelo.

A Tesourería Xeral da Seguridade Social con obxecto de facilitarlles o ingreso de cotas ás empresas e profesionais que transmitan a través do Sistema RED, vai implantar a partir do 1 de febreiro de 2003 unha nova funcionalidade, o ingreso de cotas mediante o sistema de cobro por portelo.

Este Boletín de Noticias RED contén as especificacións técnicas para a solicitude deste novo sistema de pagamento de cotas no marco do Sistema RED. O procedemento de xestión do sistema de cobro por portelo detallarase nun próximo Boletín de Noticias RED dirixido a todos os usuarios do sistema. Non obstante, avánzanse as súas as liñas xerais.

A solicitude de ingreso de cotas mediante o sistema de cobro por portelo deberase realizar para cada liquidación mediante a formalización do indicador "V" no segmento MPG (que se detalla no apartado seguinte).

Por cada documento TC2 con solicitude de ingreso por cobro por portelo, a Tesourería Xeral da Seguridade Social calculará un documento TC1, do que se lle informará ao usuario mediante o correspondente xustificante técnico.

Durante o prazo de presentación de solicitude de cobro por portelo, o usuario poderá modificar os datos transmitidos mediante o envío dun novo TC2 que substitúa o anterior. Por cada novo TC2 transmitido con solicitude de cobro por portelo, recibirá o correspondente xustificante técnico co detalle do TC1 calculado.

Finalizado o prazo de presentado de solicitudes de cobro por portelo, remitiráselle ao usuario un recibo de liquidación de cotizacións por cada unha das empresas para as que solicitase o ingreso de cotas por esta modalidade, que conterá todos os conceptos relativos á liquidación de cotas, así como os datos de cabeceira de cobro por portelo. Este recibo de liquidación de cotizacións substitúe o actual documento de cotización modelo da serie TC1.

O importe do recibo de liquidación de cotizacións deberase facer efectivo dentro do prazo regulamentario, mediante o seu ingreso nas entidades financeiras a través das diferentes canles de pagamento habilitados por elas (portelo físico, caixeiros automáticos, banca telefónica, banca por Internet...).

O recibo de liquidación de cotizacións non implica o pagamento das cotas se non vai acompañado do correspondente xustificante de ingreso, ou selo de validación mecánica da entidade financeira.

Solicitude de ingreso mediante o sistema de cobro por portelo

A solicitude de ingreso de cotas mediante o sistema de cobro por portelo realizarase mediante a consignación no segmento MPG (modalidade de pagamento), o indicador "V" (cobro por portelo).

Este segmento deberá cubrirse para cada liquidación para a que se desexe realizar o ingreso de cotas mediante este sistema.

O segmento MPG (modalidade de pagamento) substitúe o actual segmento DBA (datos bancarios). Por iso, tanto as solicitudes de cobro por portelo, como as de cargo en conta ou saldos acredores deberán indicarse no segmento MPG.

Non obstante, e de forma transitoria, durante o mes de febreiro, admitiranse solicitudes de cargo en conta, ou saldos acredores que veñan informados no segmento DBA. A nova versión de WinSuite transformará durante este período transitorio os segmentos DBA en MPG.

Segmento MPG (modalidade de pagamento)

Comentarios

*1 Obrigatorio para cobro por portelo, saldos acredores e cargo en conta
*2 V= Cobro por portelo C= Cargo en conta. Para saldos acredores deixarase en branco
*3 Obrigatorio para cargo en conta e saldos acredores
EEEE0000DDCCCCCCCCDD
*4 Obrigatorio para cargo en conta e saldos acredores
*5 Obrigatorio para cargo en conta e saldos acredores axustado á dereita, completado a ceros pola esquerda
*6 Obrigatorio para saldos acredores

ESTRUTURA DO SEGMENTO |MPG
Referencia Segmento Dato Elemento Formato Obrigatorio/
Condicional
Posición Lonxitude do campo Valor Núm. formato Táboa Comentarios
MPG Modalidade de pagamento C 70 *1
1.765 Cabeceira de segmento an...3 O 1 3 MPG
1.766 Modalidade de PAGAMENTO O
1.767 Solicitude de modalidade de pagamento an..1 O 4 1 *2
1.768 Código de conta cliente (Entidade, Oficina, DC , CC ) an..20 C 5 20 *3
1.769 Tipo de identificador do titular an..1 C 25 1 T-3 *4
1.770 Identificador do titular an..14 C 26 14 2 *5
1.771 Nome do titular an..31 C 40 31 *6

Autómata

O segmento é condicional (obrigatorio para cobro por portelo, cargo en conta ou saldos acredores).

O segmento irá situado despois do segmento EDTTT91 ou EDTTT92 (no suposto de saldos acredores).
Só se pode consignar un único segmento MPG por liquidación (isto é, por cada segmento EMP).

Un mesmo envío (ficheiro FAN) pode conter liquidacións para as que se solicite o ingreso de cotas mediante o sistema de cobro por portelo; liquidacións para as que se solicite o ingreso de cotas mediante o sistema de domiciliación en conta; liquidacións que resulten saldo acredor, e liquidacións para as que non se solicite modalidade de pagamento (neste suposto non deben conter segmento MPG).

Descrición dos campos
  • Solicitude de modalidade de pagamento:

    Obrigatorio para solicitudes de cobro por portelo, cargo en conta e saldos acredores.

    V= Cobro por portelo
    C= Cargo en conta

    Cando a liquidación resulte saldo acredor, este campo deixarase en branco.
  • Código de conta cliente:

    Obrigatorio para cargo en conta e saldos acredores.

    Este campo non deberá cubrirse cando se solicite o ingreso de cotas mediante o sistema de cobro por portelo.
  • Tipo de identificador de titular e Identificador do titular:

    Obrigatorio para cargo en conta.

    Este campo non deberá cubrirse cando se solicite o ingreso de cotas mediante o sistema de cobro por portelo.
  • Nome do titular:

    Obrigatorio para saldos acredores. Opcional en cargo en conta.

Requisitos necesarios para aceptar unha solicitude de cobro por portelo

  • Importe para ingresar distinto de cero:

    Comprobarase que o importe resultante da liquidación sexa a ingresar, isto é, que estea cuberto o segmento EDTTT91 cun importe distinto de cero.
  • Tipos de liquidación

    Só se admitirán liquidacións normais (L00) recibidas en prazo regulamentario.
  • Réximes admitidos

    Admitiranse as solicitudes de cobro por portelo de todos os réximes incluídos no Sistema RED, coas seguintes excepcións:

    - Réxime especial de artistas (0112).
    - Sistema especial para as tarefas de manipulado e empaquetado de tomate fresco (0134).
    - Réxime especial agrario (0613).

    A incorporación destes réximes ao sistema de cobro por portelo, cargo en conta e saldos acredores realizarase nun futuro.

Impresión de recibo de liquidación de cotizacións

A impresión do recibo de liquidación de cotizacións realizarase a través do módulo de impresión da WinSuite.

Non obstante, para aquelas empresas que se acollan ao sistema de ingreso por cobro por portelo e que na actualidade non utilizan a aplicación WinSuite -e, xa que logo, realizan tanto a adaptación das mensaxes como a impresión dos documentos (TC2, TA.2, etc.) a través das súas propias aplicacións-, poderán solicitar á Unidade de Atención ao Usuario, o formato do ficheiro "Recibo de liquidación de cotizacións" (RCB).

Complementary Content
${loading}