Pensión de Xubilación

Procedemento

Procedemento de Pensión de Xubilación

Información xeral


Obxecto:

prestación económica por xubilación, incluída en todos os réximes do sistema da Seguridade Social, trata de substituír as rendas do traballo por unha pensión vitalicia, única e imprescritible, cando o traballador a causa da idade cesa total ou parcialmente na súa actividade laboral.

Beneficiarios:

As persoas incluídas en calquera réxime da Seguridade Social, afiliadas, que reúnan os requisitos establecidos de idade, período mínimo de cotización e feito causante.

Máis información sobre beneficiarios

Requisitos:
  • Idade: Ter feita a idade ordinaria, agás excepcións.
  • Período mínimo de cotización: Quince anos, dos cales polo menos dous deberán estar comprendidos dentro dos quince anos inmediatamente anteriores ao momento de causar o dereito.
  • Feito causante:
    Traballadores en alta: O día do cesamento da actividade.
    Traballadores asimilados á alta: o día de presentación da solicitude agás, en excedencia forzosa, o día do cesamento no cargo e no caso de traslado fóra do territorio nacional, o día do cesamento no traballo.
    Traballadores en non alta: O día de presentación da solicitude.

Máis información sobre requisitos

Contía:

A contía da pensión está determinada pola base reguladora e a porcentaxe que se aplica a esta en función dos anos cotizados.

Efectos económicos:

Traballadores en alta: dende o día seguinte ao cesamento na actividade, cando a solicitude se presente dentro dos 3 meses anteriores ou posteriores ao cesamento. Noutro caso, percibirase cunha retroactividade máxima de 3 meses dende a data de presentación da solicitude.

Traballadores en situación asimilada á de alta ou que non estean en alta: Desde o día seguinte ao de presentación da solicitude, agás nalgunhas situacións asimiladas á alta, nas que contará desde que se produza o feito causante.

Máis información sobre efectos económicos

Pagamentos:

A pensión abóase mensualmente con dúas pagas extraordinarias que se devindican coa mensualidade de xuño e de novembro.

A pensión de xubilación ten garantidas contías mínimas, así como a súa revalorización ao comezo de cada ano, de acordo co IPC previsto para ese ano.

A pensión de xubilación está suxeita ao Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF).

Máis información sobre pagamentos

Incompatibilidades/
Compatibilidades:

A percepción da pensión de xubilación é incompatible con:

  • A realización de calquera traballo do pensionista, por conta allea ou propia que dea lugar á súa inclusión no sistema da Seguridade Social, coas salvidades e nos termos que se determinan legalmente.
  • O desempeño dun posto de traballo no sector público ou dos altos cargos.

Non obstante, a pensión poderá compatibilizarse cos seguintes traballos:

  • O traballo do pensionista, coas salvidades seguintes:
    • Os traballos por conta propia, polos que perciba uns ingresos anuais que non superen o salario mínimo interprofesional en cómputo anual.
    • A actividade desenvolvida por conta propia polos profesionais colexiados.
    • Os traballos por conta allea ou propia do pensionista que accedese á pensión á idade ordinaria de xubilación e a contía se calculase aplicando a porcentaxe do 100 por 100 á base reguladora. A pensión compatible co traballo quedará reducida no 50 por 100 do seu importe.

    Como pensionista está obrigado, antes de iniciar as actividades, a comunicar tal circunstancia á entidade xestora respectiva. 

Prazos:

A tramitación da pensión de xubilación deberá resolverse e notificarse ao interesado nun prazo máximo de 90 días (actualmente o prazo medio é de 19 días).

Extinción:

Ao ser unha pensión vitalicia soamente se extingue coa morte do beneficiario.

Impresos:

Solicitude da pensión de xubilación.

Documentación:

A documentación que debe presentar para o trámite da pensión está detallada no modelo de solicitude.

Onde se tramita:

Nos centros de atención e información da Seguridade Social.
Os traballadores do mar nas oficinas do Instituto Social da Mariña.

Entidade competente:

A xestión e o recoñecemento do dereito á pensión de xubilación corresponde ao Instituto Nacional da Seguridade Social, agás os traballadores incluídos no campo de aplicación do réxime especial do mar que corresponde ao Instituto Social da Mariña.

Outros datos de interese:

Xubilación anticipada por razón do grupo ou actividade profesional
Xubilación anticipada de traballadores con discapacidade
Xubilación anticipada por ter a condición de mutualista
Xubilación anticipada sen ter a condición de mutualista
Xubilación anticipada derivada do cesamento non voluntario no traballo
Xubilación anticipada por vontade do traballador
Xubilación flexible
Xubilación parcial
Xubilación especial aos 64 anos
Particularidades dos réximes especiais

Pódese ter dereito a pensión de xubilación en varios réximes da Seguridade Social se se reúnen os requisitos esixidos en cada un deles. No caso de acceder á pensión desde a situación de non alta, é necesario que as cotizacións acreditadas en cada réxime se superpoñan, polo menos, 15 anos.

Autocálculo: calcule vostede mesmo a súa pensión de xubilación

Preguntas máis frecuentes

Complementary Content
${loading}