Procedemento de prestación económica por parto ou adopción múltiples

A continuación preséntase o procedemento xeral

Que é a prestación económica por parto ou adopción múltiples?

É unha prestación familiar non contributiva de pagamento único, que se recoñece polo nacemento ou adopción de dous ou máis fillos por parto ou adopción múltiples.

Que trámites se deben realizar?

Deberase presentar:

  • O modelo de solicitude correspondente.
  • A documentación necesaria para acreditar a identidade e as circunstancias determinantes do dereito.

Onde se tramita?

A solicitude e documentación esixida deberá presentarse en calquera dos centros de atención e información da Seguridade Social.

O recoñecemento do dereito á prestación económica é competencia do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS).

Que prazo hai para solicitar a  prestación?

Pódese solicitar a partir do día seguinte ao do nacemento ou adopción múltiples.

O dereito ao recoñecemento desta prestación prescribirá aos cinco anos, contados desde o día seguinte ao do nacemento ou adopción.

Complementary Content
${loading}