Procedemento de paternidade

 

A continuación preséntase o procedemento xeral

Que é a prestación por paternidade?

É un subsidio que se recoñece a todos os traballadores que suspendan o contrato de traballo ou cesen na actividade, durante os días legalmente establecidos, con motivo do nacemento dun fillo, adopción ou acollemento.

Que trámites se deben realizar?

Deberase presentar:

  • A solicitude nos modelos normalizados establecidos pola Administración da Seguridade Social.
  • A documentación persoal e específica, de acordo con cada caso, tal e como se informa no modelo de solicitude.

Onde se tramita?

O procedemento para o recoñecemento do dereito iniciarase a instancia do interesado, mediante solicitude dirixida á Dirección Provincial da correspondente Entidade Xestora do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) ou Instituto Social da Mariña (ISM).

  Cando finaliza a prestación?

Transcorrido o período de suspensión legalmente establecido.

Complementary Content
${loading}