Procedemento de prestación económica por nacemento ou adopción de fillo, en supostos de familias numerosas, monoparentais e nos casos de nais con discapacidade

Descrición longa

A continuación preséntase o procedemento xeral

Que é a prestación económica por nacemento ou adopción de fillo, en supostos de familias numerosas, monoparentais e nos casos de nais con discapacidade?

É unha prestación familiar non contributiva de pagamento único, que se recoñece polo nacemento ou adopción de fillo producido, a partir do 16-11-2007, nunha familia numerosa, monoparental ou cando a nai presenta unha discapacidade igual ou superior ao 65 por cento.

Que trámites se deben realizar?

Deberase presentar:

  • O Modelo de solicitude correspondente.
  • A documentación necesaria para acreditar a identidade e as circunstancias determinantes do dereito.

Onde se tramita?

A solicitude e documentación esixida deberá presentarse en calquera dos centros de atención e información da Seguridade Social (CAISS).

O recoñecemento do dereito á prestación económica é competencia do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS).

Que prazo hai para solicitar a  prestación?

Pódese solicitar a partir do día seguinte ao do nacemento ou adopción do fillo.

O dereito ao recoñecemento desta prestación, prescribirá aos cinco anos, contados dende o día seguinte ao do nacemento ou adopción.   

Complementary Content
${loading}