Prestación por lesións permanentes non invalidantes

Procedemento

[D]

Procedemento da prestación por lesións permanentes non invalidantes

Información xeral

Obxecto:

Trata de compensar economicamente o traballador polas lesións, mutilacións e deformidades de carácter definitivo, causadas por accidente de traballo ou enfermidade profesional que, sen chegaren a constituír unha incapacidade permanente, supoñen unha diminución ou alteración da integridade física do traballador, sempre que estean recollidas no baremo establecido para o efecto.

Beneficiarios:

Os traballadores incluídos no sistema da Seguridade Social que teñan protexidas as continxencias profesionais e que cumpran os requisitos esixidos.

Requisitos:

O traballador deberá:

  • Estar en alta ou en situación asimilada á de alta.
  • Ter sido dado de alta médica por curación.
  • Que a lesión ou mutilación existente estea recollida no baremo.
Contía:
  • Indemnización económica por unha soa vez, cuxa contía está determinada no baremo establecido para o efecto para cada tipo de lesión. O actual baremo entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2013.
  • Ás indemnizacións causadas con anterioridade a esta data aplícanse as contías do baremo anterior.
Pagamento:

As cantidades que correspondan por aplicación do baremo son satisfeitas pola entidade xestora ou mutua colaboradora coa Seguridade Social que estea obrigada a realizar o pagamento das prestacións por incapacidade permanente derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional.

Incompatibilidades / Compatibilidades:

É incompatible con  prestacións económicas por incapacidade permanente, agás no caso de que as devanditas lesións, mutilacións ou deformidades sexan totalmente independentes das que fosen tomadas en consideración para declarar a incapacidade permanente.

É compatible co traballo, mesmo na mesma empresa.

Prazos:

A dirección provincial do INSS ou do ISM, se é o caso, ditará resolución nun prazo máximo de 135 días.

Impresos:

Solicitude da pensión de incapacidade permanente e lesións permanentes non invalidantes

Documentación:

A documentación que debe presentar para o trámite da pensión está detallada no modelo de solicitude.

Onde se tramita:

Na dirección provincial do INSS ou do ISM onde teña o seu domicilio o interesado.

Entidade competente:
  • Para declarar a existencia das lesións permanentes: as direccións provinciais do INSS  a través dos Equipos  de Avaliación de Incapacidades (EVI).
  • Para o pagamento: a entidade xestora competente (INSS, ISM ou Mutua) para o pagamento das prestacións por incapacidade derivadas de accidentes de traballo ou enfermidades profesionais.
Outros datos de interese:

Particularidades dos réximes especiais.

Revisión: Son revisables por agravación das secuelas que motivaron a indemnización polas lesións permanentes non invalidantes, sen impedir que o traballador poida solicitar o recoñecemento do dereito ás prestacións por incapacidade permanente derivada  da continxencia que corresponda.

Cando exista responsabilidade empresarial, a indemnización terá un aumento, segundo a gravidade da falta, dun 30 a un 50 por 100.

En Cataluña as funcións dos EVI, realízaas o Instituto Catalán de Avaliación de Incapacidades e a Comisión de Avaliación de Incapacidades.

Complementary Content
${loading}