Demanda de emprego

Procedemento

Procedemento de Demanda de Emprego

Información xeral


Obxecto:

É a solicitude dun ou varios postos de traballo que realiza un traballador do mar, desempregado ou non, ante unha Oficina de Emprego, Axencia de Colocación, Servizo Europeo de Emprego ou no Rexistro de Demandantes de Emprego no Exterior.

Requisitos:
  • Ser de nacionalidade española ou dun país do Espazo Económico Europeo.
  • Ser traballador estranxeiro non comunitario, con recoñecemento de acceso ao mercado nacional de traballo. 
  • Estar en idade laboral. 
  • Non estar imposibilitado para o traballo. 
  • Caderno de navegación marítima, se a ocupación esixe o embarque.

Máis información sobre requisitos

Documentación:
  • Cartilla/tarxeta da Seguridade Social en caso de que se traballara con anterioridade en España.
  • Xustificante de titulación profesional ou académica se se está en posesión dalgunha.

En función do país de procedencia, deberá presentarse a seguinte documentación adicional:

  • Traballadores de nacionalidade española e do resto de países do Espazo Económico Europeo:
    • Documento nacional de identidade (DNI), tarxeta de identidade ou pasaporte en vigor.
  • Traballadores resto de países:
    • Número de identidade de estranxeiros (NIE).
    • Certificación correspondente da Dirección Provincial de Traballo, Seguridade Social e Asuntos Sociais ou permiso de traballo en vigor.
Ónde tramitalo:

Na Oficina de Emprego Marítimo, Axencia de Colocación, Servizo Europeo de Emprego ou no Rexistro de Demandantes de Emprego no Exterior que lle corresponda polo seu domicilio.

Outros datos de interese:

Unha vez feita a solicitude, o demandante de emprego queda inscrito para participar e beneficiarse dos servizos que se ofrecen para a inserción laboral. Ademais, facilitaráselle unha tarxeta xustificativa.

Complementary Content
${loading}