Procedemento de Incapacidade temporal

A continuación preséntase o procedemento xeral

¿Que é a incapacidade Temporal?

É un subsidio diario que cobre a perda de rendas mentres o traballador está imposibilitado temporalmente para traballar e recibe asistencia sanitaria da Seguridade Social.

 

Cando se inicia?

  • Por enfermidade común ou accidente non laboral, dende o 4º día da baixa.
  • Por accidente de traballo ou enfermidade profesional, dende o día seguinte ao da baixa.

Que trámites e onde se deben realizar?

Dende o inicio ata o cumprimento dos 365 días da percepción da prestación:

  • O Servizo Público de Saúde ou, se é o caso, as Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social, e as empresas colaboradoras, estenderán os partes médicos de baixa, de confirmación de baixa e alta.
  • O Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e, se é o caso, o Instituto Social da Mariña (ISM), a través dos seus inspectores médicos, poden emitir a alta médica para todos os efectos.

Esgotados os 365 días da percepción da prestación, o INSS ou ISM son os únicos competentes para recoñecer a prórroga, iniciar expediente de Incapacidade Permanente, emitir a alta, emitir unha nova baixa médica se se produce no prazo de 180 días posteriores á alta médica pola mesma ou similar patoloxía. 

Cal é a duración máxima da prestación?

Se é por enfermidade ou accidente 365 días prorrogables por outros 180, se durante este último período se prevé a súa curación.

Cando finaliza a prestación?

  • Por transcurso do prazo máximo establecido.
  • Por alta médica.
  • Por pasar a ser pensionista.
  • Por non presentarse aos recoñecementos.
Complementary Content
${loading}