Procedemento de Pensión de Xubilación

A continuación preséntase o procedemento xeral.

Que é a pensión de xubilación da Seguridade Social?

É unha prestación económica que consiste nunha pensión vitalicia, única e imprescritible, que se concede ao traballador cando, a causa da idade, cesa no traballo.

Que trámites se deben realizar?

  • Cubrir o modelo de solicitude da pensión de xubilación.
  • A documentación persoal e a específica que se indica no modelo de solicitude.

Onde se tramita?

A solicitude e documentación necesaria deberá presentarse en calquera dos centros de atención e información da Seguridade Social do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS).

Os traballadores do mar deberán presentalo nas direccións provinciais do Instituto Social da Mariña (ISM).

O recoñecemento do dereito corresponde ao Instituto Nacional da Seguridade Social, agás para os traballadores do mar, que corresponde ao Instituto Social da Mariña.

Cando se solicita a pensión de xubilación e cando se inicia o pagamento?

Os traballadores que se encontren en alta, poden presentar a solicitude de pensión de xubilación dentro dos tres meses anteriores ou posteriores á data de cesamento no traballo. Neste caso, os efectos económicos da pensión prodúcense a partir do día seguinte á data de cesamento na actividade.

Se a solicitude se presenta transcorridos máis de tres meses dende a data do cesamento, os efectos económicos da pensión prodúcense cunha retroactividade máxima de tres meses dende a de presentación da solicitude.

Cando se extingue o dereito á pensión?

A pensión de xubilación extínguese ao falecemento do pensionista.

 

Complementary Content
${loading}