Procedemento de Pensión a prol de familiares

A continuación preséntase o procedemento xeral.

Que é a pensión a prol de familiares da Seguridade Social?

É unha prestación económica consistente nunha pensión que se concede a aqueles familiares que convivisen e dependesen economicamente da persoa falecida e reúnan os requisitos esixidos.

Que trámites se deben realizar?

  • Encher o modelo de solicitude de Prestacións de Supervivencia.
  • A documentación persoal e a específica que se indica no modelo de solicitude.

Onde se tramita?

A solicitude e documentación necesaria deberá presentarse en calquera dos Centros de Atención e Información da Seguridade Social do Instituto Nacional da Seguridade Social.
Os traballadores do mar deberán presentalo nas Direccións Provinciais do Instituto Social da Mariña (ISM).

O recoñecemento do dereito corresponde ao Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), agás para os traballadores do mar que corresponde ao Instituto Social da Mariña (ISM); cando o falecemento derive de accidente de traballo, á Mutua Colaboradora coa Seguridade Social.

Cando se solicita a pensión a prol de familiares e cando se inicia o pagamento?

A pensión solicitarase en calquera momento posterior ao falecemento; con iso e todo, cando a solicitude se presente fóra dos tres meses seguintes ao falecemento, a pensión aboarase cunha retroactividade máxima de 3 meses con respecto á data de solicitude.

Cando a solicitude se presente dentro dos 3 meses posteriores ao falecemento, a pensión aboarase:

Se o falecido se atopaba de alta, en situación asimilada ou non alta, desde o día seguinte á data do feito causante.
Se o falecido era pensionista, desde o primeiro día do mes seguinte á data do feito causante.


Cando se extingue o dereito á pensión?


Para netas/os e irmás/áns, a pensión extínguese:

Por facer a idade máxima, salvo incapacitados.
Por cesar a incapacidade que outorga dereito á pensión.
Por adopción.
Por contraer matrimonio (agás excepcións).
Por falecemento.
Por comprobarse que non faleceu o traballador desaparecido.

Para ascendentes e fillas/os e irmás/áns, a pensión extínguese:

Por contraer matrimonio.
Por falecemento.
Por comprobarse que non faleceu o traballador desaparecido.

Complementary Content
${loading}