Procedemento de Maternidade

A continuación preséntase o procedemento xeral

Que é a prestación por maternidade?

É un subsidio que se recoñece aos traballadores, durante os períodos de descanso legalmente establecidos, nos supostos de maternidade, adopción, acollemento familiar e tutela, sempre que acrediten os requisitos esixidos en cada caso. 

Terase dereito ao subsidio por maternidade a partir do mesmo día en que dea comezo o período de descanso correspondente, de acordo coas normas aplicables en cada caso.

Que trámites se deben de realizar?

Na maternidade biolóxica, o facultativo do Servizo Público de Saúde que atenda á traballadora embarazada expedirá un informe de maternidade nos seguintes casos:

  • Cando a traballadora inicie o descanso con anterioridade á data do parto.
  • Cando se produza o falecemento do fillo, tras a permanencia no seo materno durante, polo menos, cento oitenta días

As solicitudes formularanse nos modelos normalizados establecidos pola Administración da Seguridade Social.

Achegarase a documentación persoal e específica, de acordo con cada caso, tal e como se informa no modelo de solicitude.

Onde se tramita?

O procedemento para o recoñecemento do dereito iniciarase a instancia do interesado, mediante solicitude dirixida á dirección provincial da correspondente entidade xestora (INSS ou ISM). 

Quen recoñece e paga a prestación?

A entidade xestora competente INSS ou ISM.

Cando finaliza a prestación?

Transcorridas as semanas de descanso legalmente establecidas.

Complementary Content
${loading}