Procedemento de Convenio especial para persoas con discapacidade que teñan especiais dificultades de inserción laboral (R.D. 156/2013, do 1 de marzo)

A continuación preséntase o procedemento xeral.

Quen pode solicitalo?

As persoas con discapacidade maiores de 18 anos e menores de 67 anos que non sexan pensionistas de xubilación ou incapacidade permanente.

 

Cando ten que presentalo?

Durante o ano 2013, este convenio especial poderá producir efectos, a opción do solicitante, dende a data de presentación do convenio ou dende a data de entrada en vigor do Real Decreto.

A partir do 01-01-2014 os efectos serán dende a data de solicitude do convenio especial, en calquera caso.

 

Que trámites se teñen que realizar?

Deberase presentar o modelo TA-0040 Persoas con discapacidade e acreditar o cumprimento dos requisitos establecidos no Real Decreto 156/2013 do 1 de marzo.

 

Onde se tramita?

Vía Presencial:

Ante a Dirección Provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou Administración correspondente ao domicilio do solicitante.

Vía telemática:

A través da Sede Electrónica, se dispón dun certificado dixital.

 

 

 

 

Complementary Content
${loading}