Procedemento de Inscrición do empresario

A continuación preséntase o procedemento xeral

Que é a Inscrición do empresario?

É o acto administrativo polo que a Tesourería Xeral da Seguridade Social asigna ao empresario un número para a súa identificación no respectivo Réxime do sistema da Seguridade Social.

Quen pode solicitalo?

O empresario que por primeira vez vaia contratar traballadores antes do inicio da actividade ou o empregador no Sistema Especial para Empregados de Fogar.

Que trámites se teñen que realizar?

Débese realizar a solicitude mediante o modelo TA.6 e a documentación esixible  segundo o Réxime da Seguridade Social no que se inscriba. Se este é para Empregados de Fogar utilízase o modelo TA.6-0138  _FOGAR.

Onde se tramita?

Vía presencial:

Deberá acudir  á Administración da Tesouraría Xeral da Seguridade Social máis próxima ao seu domicilio de actividade.

Vía telemática:

A través da Sede Electrónica, se dispón dun certificado dixital.

No momento de solicitar a inscrición debe facer constar a entidade xestora ou colaboradora polas que opta para cubrir o risco AT  e EP .

 

Complementary Content
${loading}