Procedemento de solicitude do Convenio especial de traballadores que reduzan a xornada por coidado dun menor, minusválido ou familiar

A continuación preséntase o procedemento xeral

Quen pode solicitalo?

Traballadores por conta allea ou asimilados que reduzan a súa xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario por coidado de:

  • un menor de doce anos,
  • un discapacitado físico, psíquico ou sensorial,
  • un familiar, ata o segundo grao que  non poida valerse por si mesmo,
  • nos casos de nacemento de fillos prematuros ou que teñan que permanecer hospitalizados tras o parto, que reúnan determinados requisitos.

Cando ten que ser presentado?

Dous prazos
Nos:

  • 90 días seguintes á situación que dá orixe á subscrición
    ou
  • En calquera momento da redución de xornada.

Os prazos de presentación influirán no momento de entrada en vigor do convenio.

Que trámites se teñen que realizar?

Deberán presentar o Modelo TA-0040.

Onde se tramita?

Vía Presencial:

Ante a Dirección Provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou Administración correspondente ao domicilio do solicitante.

Vía telemática:

A través da Sede Electrónica, se dispón dun certificado dixital.

Complementary Content
${loading}