Auxilio por defunción

A continuación preséntase o procedemento xeral.

Que é o auxilio por defunción da Seguridade Social?

É unha axuda económica que se recoñece aos que afrontasen os gastos do enterro do causante falecido.

Que trámites se deben realizar?

  • Cubrir o modelo de solicitude de auxilio por defunción.
  • A documentación persoal e a específica que se indica no modelo de solicitude.

Onde se tramita?

A solicitude e documentación necesaria deberá presentarse en calquera dos Centros de Atención e Información da Seguridade Social do Instituto Nacional da Seguridade Social.
Os traballadores do mar deberán presentalo nas Direccións Provinciais do Instituto Social da Mariña (ISM).

O recoñecemento do dereito corresponde ao Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), agás para os traballadores do mar que corresponde ao Instituto Social da Mariña (ISM); cando o falecemento derive de accidente de traballo, á Mutua Colaboradora coa Seguridade Social.

Cando se solicita o auxilio por defunción?

Dentro de cinco anos posteriores á data de falecemento.

Complementary Content
${loading}