Procedemento de Pensión de viuvez

A continuación preséntase o procedemento xeral.

Que é a pensión de viuvez da Seguridade Social?

É unha prestación económica que consiste nunha pensión vitalicia que se concede a quen tivera vínculo matrimonial coa persoa falecida ou fora a súa parella de feito, e reúna os requisitos esixidos.

Que trámites se deben realizar?

  • Cubrir o modelo de solicitude de Prestacións de Supervivencia.
  • A documentación persoal e a específica que se indica no modelo de solicitude.

Onde se tramita?

A solicitude e documentación necesaria deberá presentarse en calquera dos Centros de Atención e Información da Seguridade Social do Instituto Nacional da Seguridade Social.
Os traballadores do mar deberán presentalo nas Direccións Provinciais do Instituto Social da Mariña (ISM).

O recoñecemento do dereito corresponde ao Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), agás para os traballadores do mar que corresponde ao Instituto Social da Mariña (ISM); cando o falecemento derive de accidente de traballo, á Mutua Colaboradora coa Seguridade Social.

Cando se solicita a pensión de viuvez e cando se inicia o pagamento?

A pensión solicitarase en calquera momento posterior ao falecemento; con iso e todo, cando a solicitude se presente fóra dos tres meses seguintes ao falecemento, a pensión aboarase cunha retroactividade máxima de 3 meses con respecto á data de solicitude.

Cando a solicitude se presente dentro dos 3 meses posteriores ao falecemento, a pensión aboarase:

Se o falecido se atopaba de alta, en situación asimilada ou non alta, desde o día seguinte á data do feito causante.
Se o falecido era pensionista, desde o primeiro día do mes seguinte á data do feito causante.

Cando se extingue o dereito á pensión?

A pensión de viuvez extínguese:

Por contraer novo matrimonio ou constituír unha parella de feito (agás excepcióna Mariña (ISM).
Por declaración en sentenza firme de culpabilidade na morte do causante.
Por falecemento do pensionista.
Por comprobarse que non faleceu a persoa desaparecida.

Complementary Content
${loading}