Recadación por vía executiva

Procedemento

Información xeral


Obxecto:

Recadar, unha vez esgotado o período voluntario de pagamento, as débedas pendentes coa Seguridade Social, mediante a Providencia de Constrinximento e, se é o caso, a realización das actuacións executivas regulamentariamente previstas.

Suxeitos:

As persoas contra as que se tivese iniciado procedemento executivo por débedas á Seguridade Social.

Impresos:
  • Para realizar o pagamento da débeda existe o "documento de pagamento" que acompaña a Providencia de Constrinximento.
  • Para interpoñer Recurso de Alzada non existe modelo oficial.
Documentación:
  • Documento identificativo
  • Recurso de Alzada
  • Documentación que fundamente o Recurso de Alzada
Onde realizalo:
  • O pagamento só poderá realizarse na conta cuxo número consta na Providencia de Constrinximento, en Entidades Financeiras ou Axentes Colaboradores dos órganos de recadación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, en efectivo, cheque que reúna os requisitos regulamentariamente establecidos, transferencia ou mediante tarxeta de débito ou de crédito a través da Sede Electrónica da Seguridade Social.
  • Para tramitar o Recurso de Alzada deberá dirixirse á Dirección Provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social que corresponda, podendo presentarse, ademais de ante a propia Dirección Provincial, en calquera dos lugares indicados no artigo 38 da lei 30/1992, de 26-11, de Réxime Xurídico das Administración Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
Prazos:
  • O Pagamento  seralle admitido en calquera momento do procedemento de constrinximento, anterior á adxudicación dos bens embargados, incluídas recargas, xuros e costas devindicadas:

    • Se o pagamento se realiza dentro dos 15 días naturais, seguintes á recepción da Providencia de Constrinximento, non serán esixibles os xuros de demora.

    • Se o pagamento se realiza a partir dos 15 días seguintes á recepción da Providencia de Constrinximento, serán esixibles os xuros de demora (xuro legal incrementado nun 25 %) devindicados dende a finalización do prazo regulamentario de ingreso, ata a data de pagamento da débeda para o principal e dende o vencemento do prazo de ingreso da Providencia de Constrinximento para a recarga, debendo solicitarse o seu cálculo e liquidación ante a Unidade de Recadación Executiva

  • O interesado poderá interpoñer Recurso de Alzada no prazo de 1 mes, unha vez recibida a Providencia de Constrinximento polas seguintes e únicas causas:

    • Pagamento
    • Concesión do aprazamento da débeda, condonación ou suspensión do procedemento.
    • Prescrición.
    • Erro material ou aritmético na determinación da débeda.
    • Falta de notificación da reclamación de débeda, cando esta proceda, da acta de liquidación ou das resolucións que estas ou as autoliquidacións de cotas orixinen.

A interposición do Recurso polas causas citadas suspenderá o procedemento de constrinximento, sen necesidade de presentación de garantías, ata a notificación da resolución deste.

Efectos:

Se o debedor non interrompe o proceso de Recadación en Vía Executiva dentro dos prazos que se establecen na Providencia de Constrinximento, procederase a:

Se o debedor interrompe o proceso por pagamento ou o Recurso de Alzada é estimado:

Extinción:

Cando resulten solucionadas as débedas perseguidas, incluídos principal, recarga, xuros se é o caso e costas.

Outros datos de interese:
Complementary Content
${loading}