A continuación preséntase o procedemento xeral.
¿Que é o subsidio a prol de familiares da Seguridade Social?
É unha prestación económica que consiste nun subsidio temporal que se concede aos familiares que convivisen e dependesen economicamente da persoa falecida e reúnan os requisitos esixidos.
Que trámites se deben realizar?
- Encher o modelo de solicitude de Prestacións de Supervivencia.
- A documentación persoal e a específica que se indica no modelo de solicitude.
Onde se tramita?
A solicitude e documentación necesaria deberá presentarse en calquera dos Centros de Atención e Información da Seguridade Social do Instituto Nacional da Seguridade Social.
Os traballadores do mar deberán presentalo nas Direccións Provinciais do Instituto Social da Mariña (ISM).
O recoñecemento do dereito corresponde ao Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), agás para os traballadores do mar que corresponde ao Instituto Social da Mariña (ISM); cando o falecemento derive de accidente de traballo, á Mutua Colaboradora coa Seguridade Social.
¿Cando se solicita o subsidio a prol de familiares e cando se inicia o pagamento?
O subsidio solicitarase en calquera momento posterior ao falecemento e aboarase a partir do día primeiro do mes seguinte ao da data de solicitude.
¿Cando se extingue o dereito ao subsidio?
O subsidio extínguese:
- Por esgotamento do período máximo de duración.
- Por falecemento.