Prestación non económica por coidado de fillo, de menor acollido ou doutros familiares

Procedemento

Procedemento de prestación non económica.

Información xeral


Obxecto:

A consideración como período de cotización efectiva de certo tempo do período de excedencia do que os traballadores gocen por razón do coidado de cada fillo, menor acollido ou dun familiar e o incremento das cotizacións en determinados supostos de redución de xornada de traballo polo coidado dun menor ou persoa con discapacidade.

Causantes:

Cada fillo, natural ou adoptado, ou menor acollido, nos supostos de acollemento familiar permanente ou preadoptivo, aínda que sexan provisionais.

Outros familiares, ata o 2º grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente, enfermidade ou discapacidade non poidan valerse por si mesmos e non desempeñen ningunha actividade retribuída.

Beneficiarios:
  • Todos os traballadores por conta allea.
  • Exclúense os traballadores por conta propia dos Réximes Especiais de Traballadores do Mar e Autónomos.

Máis información sobre beneficiarios

Requisitos:

Gozar a excedencia prevista no artigo 46.3 do Estatuto dos Traballadores e as reducións de xornada por coidado dun menor ou persoa con discapacidade previstos no artigo 37.5 do citado Estatuto.

Efectos:

Para os efectos das prestacións por xubilación, incapacidade permanente, morte e supervivencia, maternidade e paternidade, o período de excedencia considerado de "cotización efectiva" servirá para: 

  • Acreditar os períodos mínimos de cotización; determinar a base reguladora e a porcentaxe aplicable se é o caso; mantener o dereito  á asistencia sanitaria da Seguridade Social.
  • Durante o devandito período, consideraranse os beneficiarios en situación de alta.

O período en que o traballador permaneza en excedencia laboral que exceda do período considerado de cotización efectiva, será considerado en situación asimilada á de alta para acceder ás prestacións (agás IT , maternidade e paternidade).

Máis información sobre efectos

Período computable como efectivamente cotizado: 

Os tres primeiros anos do período de excedencia do que os traballadores gocen para o coidado de cada fillo ou menor acollido.

O primeiro ano do período de excedencia do que os traballadores gocen para o coidado doutros familiares.

Se non chega a gozarse un ano completo, computarase como cotizado o período gozado.

Iniciarase o cómputo dun novo período de cotización efectiva por cada excedencia laboral a que poidan dar lugar os sucesivos fillos ou menores ou outros familiares.

O incremento, ata o 100% das cotizacións, en supostos de redución de xornada por coidado dun menor ou persoa con discapacidade.

Máis información sobre cotizacións

Prazos:

As empresas deberán comunicar á Tesouraría Xeral da Seguridade Social, no prazo de 15 días, o inicio e finalización da excedencia con reserva do posto de traballo do que gocen os seus traballadores.

Denegación / Extinción:

O dereito ao recoñecemento desta prestación é imprescritible, polo que se poderá alegar en todo momento, podendo dar lugar, se é o caso, á revisión da contía de prestacións xa recoñecidas, así como o recoñecemento de novas prestacións denegadas anteriormente por non ter sido computado.

Impresos:

Non existe un modelo de solicitude.

Documentación:

Bastará a alegación do período cotizado correspondente no momento en que sexa necesario xustificar a súa procedencia.

Onde tramitalo:

Polo Sistema RED ou en calquera Administración da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Entidade competente:

O recoñecemento das cotizacións é competencia da  Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Outros datos de interese:

Redución das cotizacións empresariais.

Preguntas máis frecuentes.

Complementary Content
${loading}