Cerrar

No acceso aos SILCON situados na Sede e na web (Sistema RED) e para evitar que aparezan avisos de seguridade relativos á falta de confianza do navegador no servidor da Seguridade Social, será necesario instalar os certificados raíces e subordinados da Autoridade de Certificados da FNMT-RCM.
Estes certificados pódense obter na páxina de Soporte Técnico de CERES: Certificados Raíz da FNMT

Acceso ao Sistema RED

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

Para o uso do Sistema RED (RED Internet, RED Directo e Sistema de Liquidación Directa) requírese estar debidamente autorizado pola TGSS.

Para acceder a este servizo é imprescindible dispoñer dun Certificado Digital Silcon  ou calquera outro certificado dixital válido que garanta a seguridade e confidencialidade de todas as actuacións.

  • A diferenza do Certificado Silcon, outros certificados dixitais de tipo soporte lóxico emitido por unha Autoridade de Certificación recoñecida fan uso do almacén de certificados do sistema operativo, polo que o acceso á clave privada do certificado, na súa configuración máis habitual, está dispoñible a calquera persoa que faga uso do ordenador.
    Por ese motivo é necesario protexer o certificado cun contrasinal ou dispositivo criptográfico. Desta forma cando o navegador ou outra aplicación requiran o uso da clave privada do certificado dixital, solicitarase permiso e contrasinal de desbloqueo.
    Esta recomendación é moi importante para usuarios que compartan habitualmente o ordenador con outros usuarios na empresa/despacho, para evitar posibles usos non autorizados do propietario do certificado.
    Os certificados almacenados en tarxetas ou dispositivos criptográficos xa protexen a clave privada co "pin" do dispositivo criptográfico, polo que non é necesario pasos adicionais.
    No documento adxunto indícanse as recomendacións de uso dos certificados dixitais.

Complementary Content
${loading}